É a porta de entrada aos servizos sociais, onde se reciben as demandas persoais, familiares e de colectivos, e polo tanto, onde se valoran as situacións de necesidade e os problemas sociais, proporcionándolles información, orientación e asesoramento dacordo cos dereitos sociais e recursos dispoñibles.
Desde este programa facilítase información de forma individualizada ás persoas, có fin de orientalas e asesoralas sobre as prestacións e os recursos propios do sistema público de Servizos Sociais, apoiandoas na tramitación de todas elas ou mobilizando os recursos dispoñibles que máis se adapten a cada problemática.
Así mesmo, préstase información sobre outros sistemas de protección social: educativo, sanitario óu de vivenda.
PERSOAS DESTINATARIAS
Persoas e familias empadroadas/residentes no Concello de Vilalba
COMO ACCEDER
As veciñas e veciños dirixiránse ao persoal administrativo de Servizos Sociais sito na planta baixa do Concello. En función da demanda da persoa e a valoración das profesionais, resolverase no mesmo programa ou derivarase a outros que completen esta atención.