Bolsas para adquisición de libros e material escolar

Axudas para a adquisición de libros e material escolar dirixidas  ás familias con escasos recursos económicos para que poidan  facer fronte aos gastos derivados da escolarización das/dos seus fillas/os.

Persoas destinatarias

Alumnos e alumnas empadroadas/os no municipio que estean matriculados/as en centros educativos da localidade nos que se impartan ensinanzas de Educación Infantil,  e cuxos ingresos económicos  familiares  non superen a renda máxima establecida nas bases de convocatoria destas axudas.

Como se accede

Os país e nais ou titores legal dos menores deberán solicitar a axuda presentando o modelo oficial de solicitude  no prazo que se estableza antes do inicio de cada curso escolar.

Normativa

Bases da convocatoria de bolsas para a adquisición de libros e material escolar curso académico 2018/2019(BOP....)