InicioServizosBenestarProgramasServizos Sociais Comunitarios Básicos

Servizos Sociais Comunitarios Básicos

Son a canle de acceso ao sistema de servizos sociais, co que se garante a universalidade do sistema e a proximidade a todos os veciños e veciñas. Desenvolverán as súas funcións de maneira estruturada, por medio dos seguintes programas e servizos

O programa de Orientación, asesoramento e información, ten por obxecto informar á cidadanía sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos que estean afectados por problemáticas específicas, diagnosticando a situación e derivándoos, se é necesario, aos servizos sociais de atención especializada.