Muller

Centros

  • Centro de Información á Muller (CIM)

O Concello de Vilalba, a través dos servizos municipais de atención ás mulleres (CIM), pretende detectar as dificultades, necesidades e demandas das mulleres para facer valer os seus dereitos nos ámbitos profesional, social e familiar, ofertando unha atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero e poñendo a disposición destas, os recursos e instrumentos que promoven a confianza nelas mesmas para esixir unha convivencia en igualdade.

Así mesmo, combina o labor asistencial co traballo formativo, desenvolvendo diversos programas, destinados a educar ás novas xeracións en valores que garantan a igualdade de oportunidades así como a prevención da violencia de xénero.

O Centro de Información á Muller (CIM) fomenta a participación das mulleres en todos os ámbitos apoiando o asociacionismo das mulleres do concello.

Funcións e servizos:

– Información e asesoramento xurídico a mulleres.

Atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero.

– Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.

– Difusión e sensibilización cidadá da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.

– Canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos con competencias en materia de muller.

– Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos que desenvolve a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

– Organización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.

– Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición o acceso aos recursos existentes na Comunidade Autónoma a través da xestión urxente cos servizos da policía, sanitarios, psicolóxicos, xudiciáis e sociáis que sexan oportunos.

– Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.

– Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.

– Calqueroutra actividade que se adecúe ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

Principios de actuación:

  1. O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas.
  2. O respecto á súa vontade na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas que formulan.
  3. A gratuidade de todos os servizos de conformidade coa vocación de servizo público.
  4. A observancia do principio de confidencialidade por parte de todo o persoal do Centro, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias.

Horario de atención ao público:

– Asesora xurídica: de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

– Psicóloga: luns e martes de 10:00 a 14:00 h.

Áreas:

Dende o departamento xurídico asesoramos nas seguintes materias:

Xurídica

  1. Dereito de familia: matrimonio, réximes patrimoniais, a regulación das parellas de feito, separación, divorcio, filiación e adopción, patria potestade, autoridade parental, garda, tutela, estado civil, dereito de alimentos, a regulamentación e a modificación das medidas paterno-filiais (atribución do uso e gozo da vivenda familiar, pensión de alimentos para os/as fillos/as, pensión compensatoria, exercicio do dereito de visitas, etc).
  2. Violencia doméstica e violencia de xénero: malos tratos psicolóxicos e/ou físicos, violacións, abusos sexuais, acoso sexual e/ou moral no traballo, incluídos os novos medios para cometer abusos, como Internet.
  3. Dereito laboral: contratos, discriminación laboral e/ou salarial, licenzas (por maternidade, por coidado de fillos/as menores….).
  4. Estranxeiría: autorizacións de residencia e traballo, nacionalidade.
  5. Outros trámites: solicitude de xustiza gratuíta, redacción de informes para organismos públicos, acceso ao servizo de teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero, cando procede, seguimento dos casos expostos polas usuarias do servizo (contactos cos colexios de avogados/as, cos/as letrados/as das usuarias, coa policía local, garda civil, fiscalía, xulgados, etc).

Tipo de atención: entrevistas directas e persoais. Unha vez definida a problemática concreta, valórase a necesidade ou non de realizar actuacións e derivación a outros servizos se é o caso. Queda excluída do ámbito de actuación a tramitación directa dos asuntos xudiciais.

Psicolóxica

Servizo de atención e orientación psicolóxica para mulleres que se atopan en crises relacionadas con vivencias de discriminación por cuestións de xénero, tales como violencia de xénero, sentimentos de abandono afectivo da parella, readaptación familiar tras unha ruptura, acoso ou abusos sexuais, etc.

Características e tipo de atención: entrevistas directas e persoais de orientación e diagnóstico para definir as alternativas posibles ante a problemática concreta de cada muller.

Outras actuacións: campañas de sensibilización: 8 de marzo, día da muller e 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra ás mulleres.

Contacto:

Praza da Constitución, 1

27.800 Vilalba (Lugo)

Teléfono: 982 523 032

Fax: 982 523 237