Benestar

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Vilalba contan para o seu desenvolvemento co seguinte equipo técnico:

  • Catro traballadores/as sociais.
  • Unha psicóloga.
  • Unha educadora familiar.
  • Unha asesora xurídica (CIM – Servizo Específico de Muller).
  • Un administrativo.
  • Coordinación continuada co técnico de emprego.

Existen dous servizos específicos que traballan con determinados sectores de poboación:

  • Servizo de prevención de consumo de substancias adictivas e tratamento do alcoholismo.
  • Servizo de atención e información ás mulleres.

Así mesmo, como equipamento propio, e para facer efectivos os programas de familia e convivencia e prevención da marxinación e inserción social, contamos cun Centro Ocupacional de Discapacitados Psíquicos.