Benestar social

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Vilalba contan para o seu desenvolvemento co seguinte equipo técnico:

  • Catro traballadores/as sociais.
  • Unha psicóloga.
  • Unha educadora familiar.
  • Unha asesora xurídica (CIM – Servizo Específico de Muller).
  • Un administrativo.
  • Coordinación continuada co técnico de emprego.

Existen dous servizos específicos que traballan con determinados sectores de poboación:

  • Servizo de prevención das drogodependencias e tratamento do alcoholismo.
  • Servizo de atención e información ás mulleres.

Así mesmo, como equipamento propio, e para facer efectivos os programas de familia e convivencia e prevención da marxinación e inserción social contamos con:

Un Centro Ocupacional de Discapacitados Psíquicos.

PROGRAMAS BÁSICOS DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS:

  1. PROGRAMA DE ORIENTACIÓN, ASESORAMENTO E INFORMACIÓN

O programa de Orientación, asesoramento e información, ten por obxecto informar á cidadanía sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos que estean afectados por problemáticas específicas, diagnosticando a situación e derivándoos, se é necesario, aos servizos sociais de atención especializada.

  1. PROGRAMA DE FAMILIA E CONVIVENCIA.

Este programa ten por obxecto prestar unha serie de actuacións que tenden a facer efectiva a realización persoal e familiar, tratando, en todo caso, de aumentar ou mellorar o benestar familiar, ou corrixir as circunstancias que inciden de xeito negativo no seu desenvolvemento.

As prestacións, actuacións e recursos propios deste programa son os seguintes:

  • Axuda no fogar: É un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.

Este recurso inclúe os seguintes tipos de atencións de carácter básico

  • Atencións de carácter persoal.
  • Atencións de carácter doméstico e da vivenda.
  • Atencións de carácter psicosocial ou educativo.

Con carácter complementario, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros:

  • Actividades de acompañamento, socilización e desenvolvemento de hábitos saudables.
  • Servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas en situacións de dependencia.
  • Prestacións de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.
  • Adaptacións funcionais do fogar.
  • Servizo de podoloxía.
  • Servizo de fisioterapia.

Actuacións dirixidas a persoas con problemáticas relacionadas con conflictos socio-familiares que produzan desaxustes de conviveniencia:

Trátase de atender, se así é derivado, a calquera membro da familia que presente unha problemática que requira de atencións específicas susceptibles de tratamento psicosocial ou educativo.

Para materializar estas actuación cóntase co traballo de todo o equipo, especialmente da Psicóloga e da Educador socio-familiar.

O PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR

A familia necesita servizos axeitados e de calidade para apoiar o seu funcionamento na sociedade actual, a través de actuacións preventivas e de apoio.

A intervención, diríxese a reforzar ao máximo as capacidades e aspectos positivos da familia para a resolución dos problemas que lles afectan, potenciando os factores de protección e minimizando os factores de risco existentes, xa que, todas as familias, aínda as máis problemáticas, teñen capacidades que poden promoverse para mellorar a calidade de vida dos seus membros.

O obxectivo final da intervención é garantir o benestar dos menores, mediante a cobertura das súas necesidades básicas: físicas, de seguridade, emocionais, sociais e cognitivas. O maior peso nuns ou noutros aspectos dependerá das características e necesidades de cada caso.

Familias susceptibles de formar parte do programa:

  • Familias nas que existen pautas de coidado non axeitado dos menores ou existen déficits leves na atención que reciben, que poden ser perxudiciais para os menores.
  • Familias nas que se observan factores de vulnerabilidade ou risco.
  • Adolescentes con problemas de conduta.

Funcións da educadora familiar

  • Supervisar o coidado recibido polos menores no domicilio familiar.
  • Recoller información permanente a través do contacto directo tanto coa familia como con outros servizos ou persoas en contacto con ela, da situación da familia e dos menores.
  • Proporcionar aos país coñecementos e habilidades para ofrecer unha cobertura axeitada ás necesidades dos menores, manter una axeitada organización familiar e relacionarse axeitadamente con outras persoas.
  • Apoiar e informar aos país nas xestións para o acceso aos recursos e prestacións sociais.
  • Crear e dinamizar unha rede estable de apoios formais e informais no entorno da familia.
  • Capacitar á familia para un uso axeitado dos recursos comunitarios.

A educadora familiar desempeñará as súas función a través de:

  • Intervencións no domicilio coa periodicidade e duración estimada para cada caso.
  • Intervencións en medios non formais que inclúen acompañamentos aos membros da familia para o acceso a novos recursos/servizos ou a aqueles que xa están intervindo.
  • Reunións ou contactos telefónicos cos profesionais que atenden á familia: centros escolares, centro de saúde, servizo do menor…
  • Citas programadas no departamento de servizos sociais.

Obxectivos respecto aos menores:

  • Potenciar as relacións positivas con outras persoas do seu entorno: familia, escola, tempo libre…
  • Ensinarlles a expresar as súas emocións negativas de forma non agresiva.
  • Promover habilidades axeitadas de relación con iguais.
  • Promover a súa autonomía.
  • Promover e reforzar que asuman responsabilidades axeitadas á súa idade.
  • Proporcionarlles oportunidades para desenvolver as súas capacidades, habilidades e intereses.
  • Asegurar a súa participación en actividades formativas e lúdicas axeitadas ás súas necesidades e capacidades.

Obxectivos respecto aos pais/nais:

  • Xerar conciencia do problema e motivación para o cambio.
  • Adquirir un coñecemento suficiente e axeitado das necesidades físicas, cognitivas, emocionais e sociais dos menores.
  • Acadar que dispoñan de habilidades parentais axeitadas:

– Coñecementos e habilidades para a atención das necesidades físicas dos menores (alimentación, vestido, hixiene, seguridade…).

– Técnicas disciplinarias e de manexo da conduta infantil.

– Habilidades de comunicación.

– Habilidades de resolución de conflitos.

  • Acadar que dispoñan de recursos persoais e externos suficientes para detectar precozmente e responder axeitadamente á aparición de novas dificultades.

Área socio – económica

  • Apoiar á familia para que dispoña de recursos económicos suficientes para atender ás súas necesidades: incorporación ao mercado laboral, administración axeitada dos recursos económicos, vivenda estable…
  • Mantemento da vivenda en condicións de hixiene, orde e seguridade axeitadas ás necesidades dos membros da familia.

Área das relaciones familiares

  • Promover a axeitada distribución de roles familiares e a diferenciación de subsistemas.
  • Aumentar a frecuencia de interaccións positivas e expresións verbais e físicas de afecto cara aos menores.
  • Aprendizaxe e manexo de estratexias axeitadas de resolución de conflitos relacionais: de parella, cos menores….
  1. PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA MARXINACIÓN E INSERCIÓN SOCIAL.

Este programa ten por obxecto previr as situacións de marxinación e as súas causas así como a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.

Para facer efectivos os contidos do programa xestiónanse todos os recursos existentes nas distintas administracións publicas. Así mesmo, contamos cos seguintes recursos:

Actuacións destinadas á integración social de persoas cunha diminución

Dende o Departamento de Servizos Sociais creouse a “Fundación para a protección de Discapacitados Psíquicos Vilalba-Terra Chá”, coa fin de dar cobertura a este sector de poboación.

As actuacións da Fundación xestiónanse dende o propio Departamento e entre as actuacións que se realizan, cabe destacar a creación e posta en funcionamento dun Centro Ocupacional para Discapacitados Psíquicos.

Realízanse outras actuacións como:
· Supresión de barreiras arquitectónicas.
· Xestión de tarxetas de accesibilidade e estacionamento.

Actuacións destinadas ao tratamento de condutas aditivas

Mediante terapias individuais e traballo co grupo familiar, trátase a persoas que presentan unha dependencia relacionada co consumo de alcohol. Para facer efectivas estas actuacións cóntase coa figura profesional da psicóloga.

Actuacións destinadas á formación e á inserción laboral
Comprenden todas aquelas accións dirixidas a persoas con problemas de inserción laboral. Para a realización destas actividades inclúese unha nova figura profesional o técnico en formación e emprego. Inclúense nestas actuacións as que se realizan dende o servizo específico de atención ás mulleres para impulsar a formación e inserción laboral deste colectivo.

Actuacións destinadas á resolución de conflictos relacionados coas dificultades da inserción escolar.
Comprende accións encamiñadas a corrixir circunstancias como o absentismo escolar, a desescolarización, así como outros desaxustes nos centros escolares sempre que sexan susceptibles de tratamento dende os Servizos Sociais. A coordinación cos centros escolares do concello e unha ferramenta básica á hora de detectar posibles casos de intervención psicosocial. Estas actuacións son realizadas pola psicóloga e a educadora familiar.

Actuacións encamiñadas ao asesoramento xurídico

Asesoramento xurídico puntual ás persoas que, incluídas neste programa, o precisen.

Axudas de Emerxencia Social

Xeralmente, son axudas económicas destinadas a cubrir necesidades básicas das persoas tales como alimentación, vestiario, arranxos na vivenda, alugamentos, outros…

 Actuacións dirixidas a transeúntes

Prestacións económicas destinadas, xeralmente, á manutención e desprazamento.

 ANIMACIÓN, PREVENCIÓN E COOPERACIÓN SOCIAL

O programa de «Animación, prevención e cooperación social» ten por obxecto potenciar a participación de persoas e grupos na vida comunitaria fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado, así como favorecer a toma de conciencia da cidadanía sobre as circunstancias que lles afectan e instrumentar os mecanismos que fagan posible a participación desta na busca de solucións e na xestión dos servizos e actividades que se demanden.

Para facer efectivo este programa contamos con:

Aulas da Terceira Idade

Trátase dun programa de dinamización cultural dirixido a persoas que teñan preferiblemente 50 ou máis anos. As actividades que se realizan están relacionadas coa aprendizaxe, visitas culturais, encontros interxeracionais, conferencias, actividades deportivas… A nivel xeral, as Aulas da Terceira Idade, teñen os seguintes obxectivos: promover a cultura, facilitar o coñecemento, facilitar a participación das persoas na vida comunitaria, facilitar que as persoas maiores podan adicar o seu tempo libre a actividades de tempo libre e artístico, fomentar a convivencia das persoas maiores e as máis xoves…

Actuacións encamiñadas á prevención das drogodependencias.

Trátase dun programa de actuación integral no eido da prevención das drogodependencias, que ten por obxectivo: planificar, programar, coordinar, executar e avaliar programas de prevención de drogodependencias nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, familiar, xuvenil, la­boral, poboacións vulnerables, programas en clave de xénero e outras actividades trans­versais de información-sensibilización.

Actuacións de Promoción das Mulleres
Comprende as seguintes:
· Accións que tenden a dinamizar a participación e a presenza da muller na actividade social, cultural e económica da zona.

ALOXAMENTO ALTERNATIVO.

Este programa ten por obxecto ofertar un aloxamento provisional a aquelas persoas en situación de emerxencia persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no propio fogar ou esta non exista. Trátase dunha alternativa provisional mentres se realiza o diagnóstico e a análise da situación e se remita, se as circunstancias que determinasen a súa situación así o aconsellan, aos servizos sociais especializados.

Se o caso o require o aloxamento compleméntase cunha serie de atencións encamiñadas a conseguir a normalización da convivencia na actualidade. Sufrágase o aloxamento mediante a partida de Emerxencia Social.

SERVIZO ESPECÍFICO DE ATENCIÓN ÁS MULLERES (CIM)

O Concello de Vilalba, a través dos servizos municipais de atención ás mulleres (CIM), pretende detectar as dificultades, necesidades e demandas das mulleres para facer valer os seus dereitos nos ámbitos profesional, social e familiar, ofertando unha atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero e poñendo a disposición destas, os recursos e instrumentos que promoven a confianza nelas mesmas para esixir unha convivencia en igualdade.

Así mesmo, combina o labor asistencial co traballo formativo, desenvolvendo diversos programas, destinados a educar ás novas xeracións en valores que garantan a igualdade de oportunidades así como a prevención da violencia de xénero.

O Centro de Información á Muller (CIM) fomenta a participación das mulleres en todos os ámbitos apoiando o asociacionismo das mulleres do concello.

Funcións e servizos:

– Información e asesoramento xurídico a mulleres.

– Atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero.

– Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.

– Difusión e sensibilización cidadá da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.

– Canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos con competencias en materia de muller.

– Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos que desenvolve a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

– Organización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.

– Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición o acceso aos recursos existentes na Comunidade Autónoma a través da xestión urxente cos servizos da policía, sanitarios, psicolóxicos, xudiciáis e sociáis que sexan oportunos.

– Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.

– Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.

– Calqueroutra actividade que se adecúe ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

Principios de actuación:

  1. O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas.
  2. O respecto á súa vontade na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas que formulan.
  3. A gratuidade de todos os servizos de conformidade coa vocación de servizo público.
  4. A observancia do principio de confidencialidade por parte de todo o persoal do Centro, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias.

Horario de atención ao público:

– Asesora xurídica: de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

– Psicóloga: luns e martes de 10:00 a 14:00 h.

Áreas:

Dende o departamento xurídico asesoramos nas seguintes materias:

Xurídica

  1. Dereito de familia: matrimonio, réximes patrimoniais, a regulación das parellas de feito, separación, divorcio, filiación e adopción, patria potestade, autoridade parental, garda, tutela, estado civil, dereito de alimentos, a regulamentación e a modificación das medidas paterno-filiais (atribución do uso e gozo da vivenda familiar, pensión de alimentos para os/as fillos/as, pensión compensatoria, exercicio do dereito de visitas, etc).
  2. Violencia doméstica e violencia de xénero: malos tratos psicolóxicos e/ou físicos, violacións, abusos sexuais, acoso sexual e/ou moral no traballo, incluídos os novos medios para cometer abusos, como Internet.
  3. Dereito laboral: contratos, discriminación laboral e/ou salarial, licenzas (por maternidade, por coidado de fillos/as menores….).
  4. Estranxeiría: autorizacións de residencia e traballo, nacionalidade.
  5. Outros trámites: solicitude de xustiza gratuíta, redacción de informes para organismos públicos, acceso ao servizo de teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero, cando procede, seguimento dos casos expostos polas usuarias do servizo (contactos cos colexios de avogados/as, cos/as letrados/as das usuarias, coa policía local, garda civil, fiscalía, xulgados, etc).

Tipo de atención: entrevistas directas e persoais. Unha vez definida a problemática concreta, valórase a necesidade ou non de realizar actuacións e derivación a outros servizos se é o caso. Queda excluída do ámbito de actuación a tramitación directa dos asuntos xudiciais.

Psicolóxica

Servizo de atención e orientación psicolóxica para mulleres que se atopan en crises relacionadas con vivencias de discriminación por cuestións de xénero, tales como violencia de xénero, sentimentos de abandono afectivo da parella, readaptación familiar tras unha ruptura, acoso ou abusos sexuais, etc.

Características e tipo de atención: entrevistas directas e persoais de orientación e diagnóstico para definir as alternativas posibles ante a problemática concreta de cada muller.

Outras actuacións: campañas de sensibilización: 8 de marzo, día da muller e 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra ás mulleres.

Contacto:

Praza da Constitución, 1

27.800 Vilalba (Lugo)

Teléfono: 982 523 032

Fax: 982 523 237

Correo electrónico: cim@vilalba.org

SERVIZO DE PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS E TRASTORNOS ADICTIVOS

A.- Tratamento individualizado de condutas aditivas

No caso do sector específico do tratamento do alcoholismo as principais actuacións son:

  • A información, o asesoramento e a orientación a persoas que presenten unha problemática relacionada co consumo de alcohol ou os seus familiares.
    · Asesoramento para a posibilidade de tratamento no propio servizo ou das accións necesarias tendentes á derivación a un servizo especializado.
    · Tratamento mediante terapias individuais e traballo co grupo familiar.

B.- Actuacións encamiñadas á prevención das drogodependencias

Vilalba conta cun servizo de prevención de condutas aditivas inscrito no Rexistro de entidades colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas dende o ano 2005. Este servizo ven desenvolvendo un labor preventivo adaptando os programas de prevención ás directrices marcadas e ás necesidades e recursos dispoñibles

Os programas de prevención desenvólvense nos seguintes ámbitos de actuación:

  • Prevención Escolar

Un dos marcos de actuación para a redución da demanda do consumo de drogas é a promoción da saúde. Dende unha perspectiva de prevención universal, inclúese dentro dos programas formais de educación para a saúde, sendo a súa poboación destinataria ao alumnado de ensino non universitario de Galicia.

  • Prevención Familiar
    Este programa ten como obxectivo previr a aparición do consumo de drogas e problemas asociados formando a un colectivo de clara implicación no proceso educativo dos menores.
  • Prevención Xuvenil
    Este programa ten como finalidade fundamental mellorar a seguridade viaria e evitar ou reducir a siniestralidade de mozo/as a causa do consumo de drogas.

– Programas de carácter complementario

Programa de prevención universal: cine e saúde: este programa desenvólvese a partir da visualización de producións cinematográficas comerciais, e así poder utilizar o cine como soporte didáctico para o traballo de crenzas coma de actitudes en adolescentes.

Programa de Prevención Laboral: o obxectivo deste programa é facilitar a implementación de actuacións destinadas á prevención do consumo de drogas e aos danos asociados a estes integradas nos plans de prevención de riscos laborais,

Programa de Prevención de Xénero: Penélope: a coordinación dentro do Departamento de Servizos Sociais de Base e o Servizo Específico de Información ás mulleres da como resultado a detección de casos de mulleres con consumos problemáticos, maioritariamente de alcohol, e a súa derivación a este servizo de Prevención. A estigmatización social á que se someten as mulleres consumidoras abusivas de alcohol dificulta e encubre situacións de maltrato.

Para solventar calquera dúbida sobre o tratamento e prevención das drogodependencias estamos á vosa disposición:

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS E CONDUTAS ADITIVAS

DEPARTAMENTO DE BENESTAR SOCIAL, FAMILIA E MULLER

CONCELLO DE VILALBA

PRAZA DA CONSTITUCIÓN NÚM 1. PLANTA BAIXA

VILALBA

CENTRO OCUPACIONAL DE DISCAPACITADOS PSÍQUICOS VILALBA-TERRA CHÁ.

Situación do centro ocupacional

O Centro Ocupacional está emprazado na parcela A1 do polígono Industrial e Comercial de Vilalba.
O Centro ten carácter comarcal e conta con servizo de transporte e comedor.

Organización e funcionamiento

A xestión do centro lévase a cabo dende a «Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos de Vilalba-Terra Chá», que proporciona calquera tipo de actividade educacional e formativa, para que a persoa cunha diminución en idade laboral adquira as destrezas e habilidades que lle permitan superar os obstáculos da súa diminución, para acadar a súa integración socio-laboral e mellorar a súa calidade de vida.

Capacidade e usuarios

O Centro Ocupacional está integrado por persoas cunha diminución psíquica, que están en idade laboral, e que non lles é posible integrarse nunha empresa ordinaria ou nun centro especial de emprego, debido á súa acusada diminución temporal ou permanente.
O Centro Ocupacional de Vilalba Terra-Chá presta atención a discapacitados psíquicos segundo a seguinte pormenorización:

TIPO DE DIMINUCIÓN D.M. Lixeiros, Medios e Severos
IDADE > 16 anos
SEXO Mixto
RÉXIME Media pensión
TOTAL DE PRAZAS E CONVENIO: 29

HORARIO para os usuarios do centro resúmese no seguinte cadro:

HORARIO
De 10:00 a 17:00 H Actividades do C.O.

Obxectivos específicos

Os obxectivos específicos do C.O Vilalba Terra-Chá son os seguintes:

  • Desenvolver e perfeccionar a capacitación laboral e a integración no entorno laboral.
    · Centrarse nas aptitudes da persoa, utilizando as súas capacidades para o traballo.
    · Adaptar ao alumno ao posto de traballo, ao equipo e ao entorno.
    · Avaliar, orientar e facer un seguimento de cada alumno.
    · Desenvolver un sistema de valores que conceda importancia ao desempeño dun traballo que proporcione á persoa con diminución sentimentos de utilidade.
    · Preparar á persoa con diminución para poder desempeñar as responsabilidades da vida social.
    · Fomentar hábitos de hixiene e alimentación.
    · Potenciar as relacións persoais e sociais.
    · Potenciar, na medida do posible, a autonomía da persoa mediante a participación en actividades da comunidade. Posibilidade de utilizar restaurantes, teatro, así como zonas de vacacións e outros lugares de recreo.
    · Asesoramento e orientación familiar.

Recursos humanos

O persoal que traballa no centro pode resumirse no seguinte cadro:

NÚM. TRABALL. TITULACIÓN DEDICACIÓN
1 Lcda en Psicoloxía. 100%
1 Diplomada en Deseño Gráfico. 100%
1 Psicopedagoga, técnica en audición e Linguaxe. 100%
1 F.P II Coidadora. 100%
1 Est. Primarios 10h/Semanais

Actividades

  • Obradoiro de Serigrafía
    A actividade principal do Centro é a serigrafía para a impresión de bolsas de papel.
    Lévase a cabo un traballo manual no que os rapaces e rapazas realizan todo o proceso necesario para a impresión serigráfica (dende o insolado e secado das pantallas, a impresión das bolsas, ata colocar a bolsa impresa na grella de secado).
  • Actividades Educativas
    Ademais do obradoiro de serigrafía no centro desenvólvense outras actividades dentro do horario semanal, entre elas a de reforzo pedagóxico.

Denomínase así porque intenta dotar aos beneficiarios dunhas habilidades sociais mínimas requiridas no desenvolvemento laboral normalizado, así como tamén potenciar aquelas habilidades que xa posúen.
Os usuarios teñen que adquirir uns coñecementos básicos dos que participa a comunidade na que están inmersos. Vai dende o que poderíamos chamar apoio educativo en coñecementos e habilidades esenciais para un desenvolvemento harmónico da súa personalidade, ao desenvolvemento dun maior grao de autonomía persoal, ata a participación activa nos actos sociais da comunidade.

  • Actividades Culturais de Ocio e Tempo Libre
    Mediante estas actividades perséguese que o grupo asista ás diferentes manifestacións culturais que ofrece o medio, propiciando a súa integración e participación social.
    A pesar de que moitos non cheguen a acceder á comprensión do feito cultural, o disfrute del é un dos fins perseguidos con estas actividades.
  • Actividades Deportivas
    Centro Ocupacional incorpora ao seu horario semanal distintas actividades deportivas, entre elas natación, clases de educación física e a iniciación en deportes de equipo.
  • Papel Reciclado
    No C.O son moitísimas as cantidades de papel que se desperdician mensualmente. Por este motivo, incorporamos esta nova actividade co obxectivo de elaborar as nosas propias follas e etiquetas, combinando o pracer de crear algo orixinal coa satisfacción de utilizar materiais de desfeito.