Areas

Guía das áreas e servizos do concello

O Concello é a administración máis próxima ó cidadán, o lugar ó que os veciños acoden, en primeira instancia, para resolver necesidades e demandas relacionadas coas competencias municipais. Por este motivo, este apartado da web desexa ser unha guía na que se divulguen os distintos servizos que ofrece o Concello de Vilalba, as súas funcións e enderezos, os seus horarios e os responsables de cada área, para que o cidadán estea informado en todo momento que é o que  pode esixir e cáles son as obrigas que debe cumprir, datos esenciais para facilitar a participación na vida do Concello.
A Guía de Servizos Administrativos está elaborada por cadanseu departamento e, polo tanto, está en contínua actualización.