InicioNovasPROGRAMACIÓN CULTURAL XANEIRO-FEBREIRO-MARZO 2020

PROGRAMACIÓN CULTURAL XANEIRO-FEBREIRO-MARZO 2020

Cinema galego. LONGA NOITE

Venres, 10 de xaneiro

Auditorio Municipal

20:30h

O venres 10 de xaneiro de 2020, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película LONGA NOITE do director ELOY ENCISO.

 

XXXIV FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

Sábado, 11 de xaneiro

Auditorio Municipal

20:30h.

Festival de Polifonía e Panxoliñas que organiza a Coral Polifónica de Vilalba coa colaboración do Concello de Vilalba, coa participación da Coral Polifónica Luar, do Orfeón Lucense e da Coral Polifónica Vilalbesa.

 

LAMBETADAS

Domingo, 12 de xaneiro

Auditorio Municipal

18:30h.

Un espectáculo de Talía Teatro para público infantil e familiar, que ten como obxectivo a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual.

 

BENVIDAS AO CLUB

Sábado, 18 de xaneiro

Casa da Cultura

19:30h.

Documental de Carmen Granxeiro sobre o Caso Carioca.

 

FARIÑA (adaptación teatral)

Venres, 24 de xaneiro

Auditorio Municipal

20:30h

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, una adaptación da existosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias, ademáis do propio Touriñán.

18€ en ataquilla.com / Casa da Cultura

 

Carlos Blanco

Venres, 31 de xaneiro

Auditorio Municipal

21h

Os mellores monólogos de Carlos Blanco, organizado por APSX Sagrado Corazón coa colaboración do Concello de Vilalba.

12€ en ataquilla.com

 

PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Sábado, 1 de febreiro

Auditorio Municipal

20:30h.

Entrega do III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade convocado polo IESCHA, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais Galicia, á gañadora Antía Yañez Rodríguez.

 

ARSÉNICO POR CARIDADE

Sábado, 8 de febreiro

Auditorio Municipal

20:30h.

A Escola Municipal de Teatro retoma a obra teatral, una adaptación da comedia negra do dramaturgo Joseph Kesseling, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos.

 

JUAN ZELADA

Sábado, 15 de febreiro

Auditorio Municipal

20:30h.

Concerto do músico, cantante e compositor de soul, blues e funk, combinando distintos estilos musicais.

 

SÓ.

Sábado, 22 de febreiro

Auditorio Municipal

18h.

Só, de Xampatito Pato, é un espectáculo de circo-teatro que acumula numerosos galardóns de festivais de circo e clown de todo o país. Un ser único rodeado dun sinfín de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo.

 

A BANDA DA LOBA

Sábado, 29 de febreiro

Auditorio Municipal

20:30h.

Concerto da banda integrada por cinco mulleres nun proxecto colectivo que fusiona pop, blues, folk e sonidos tradicionais, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos.

 

EL TESORO DE BARRACUDA

Sábado, 7 de marzo

Auditorio Municipal

18h.

Un espectáculo familiar cun tratamento innovador e contemporáneo do tradicional teatro de sombras. Espectáculo R, recomendado pola Rede Nacional de Teatro Públicos; finalista nos Premios Lorca de Teatro Andaluz ao Mellor espectáculo infantil e xuvenil, Premio do Público ao Mellor Espectáculo Familiar no XII Festival “Herrera en Escena”.

 

TANXUGUEIRAS

Venres, 13 de marzo

Auditorio Municipal

20:30h

Concerto deste grupo galego composto por Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío, coa presentación do seu segundo traballo: Contrapunto, que incide na recuperación das pandereteiras con armonías de diferentes estilos.

5 euros en ataquilla.com / Casa da Cultura

 

FESTIVAL MANS UNIDAS

Sábado, 14 de marzo

Auditorio Municipal

20h.

Actuación de Troyanos de Compostela e Entre Lusco e Fusco

 

A COMPAÑEIRA DE PISO

Domingo, 15 de marzo

Auditorio Municipal

20h.

Destacada pola crítica americana como una mezcla de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”, Contraproducións presenta a primeira adaptación fóra dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego.

 

A CONQUISTA DA ESCOLA DE MUDHABAI

Venres, 20 de marzo

Auditorio Municipal

20:30h.

Teatro do atlántico presenta esta obra baseada no texto de Hélène Cixous, una historia inspirada en Phoolan Devi, unha destacada referencia para o feminismo autóctono indio, bandida, perseguida pola policía e polo exército, acusada do asesinato de máis de trinta homes que a violaran tempo atrás e de numerosos asaltos a man armada.

 

ROSALÍA, O LUGAR ONDE MEDRAN AS POETAS

Domingo, 22 de marzo

Auditorio Municipal

18h.

Rosalía de Castro volve a Padrón e atópase coa nena inqueda e rebelde que un día foi. Revive ese momento de cambio, no que abandonou o paraíso da infancia para marchar a Santiago coa súa nai, e decidiu que o único que precisaba meter na maleta son as paisaxes, as xentes, a natureza e as palabras para contalo.

E, con ela, as nenas e os nenos da Galicia do século XXI descubrirán que a infancia, tamén a súa, é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

 

DESPOIS DAS ONDAS. MARÍA CASARES

Domingo, 29 de marzo

Auditorio Municipal

20h.

Nesta peza, mezclando cine en directo, teatro e música, poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio. Un filme feito directo, una viaxe teatral imprescindible.