InicioPolígono Industrial

Polígono Industrial

O Polígono Industrial Sete Pontes de Vilalba foi inagurado no ano 1986.

Conta cunha superficie de 700 000m2 con amplias zonas verdes e mais de 50.000m2 en aparcamentos e viales, dividido en duas fases:

Fase consolidada: obras finalizadas e apto para a instalación de empresas.

Fase de ampliación en execución: estanse realizando obras de urbanización e acondicionamento dos servizos básicos do solo industrial, a nova ampliación será 300 000m2 , cun prezo de 40€/ m2. ( so temos un 10% da 1ª fase sen construír)

  • E o único polígono da provincia que dispón dun edificio multiusos de uso para todas as empresas do polígono, con aulas de formación ou reunións de traballo, charlas ...etc, tamén conta neste edificio con Viveiro de Empresas para os empresarios que necesiten unhas oficinas.
  • As empresas aquí situadas ofrecen todo tipo de servizos: talleres mecánicos, compra e venta de automóbil, loxística, obra pública, material de construción, manufactura cárnica, transporte de mercadorías, paquetería, lavado de Camións, recambios, industria alimentaria, pastelería industrial, calzado, industria téxtil, vestiario laboral e roupa de traballo, decoración, carpintería metálica, carpintería madeira, madeireira, centros de formación, empresa de reciclaxe, imprenta, papelería, empresas do sector agro - forestal, metalurxia, enxeñería, equipamentos recreativas - deportivas , sector na enerxía renovables, calefacción e frío, telecomunicacións e vixilancia, empresas autorizadas a revisión de tacógrafos, venta e alugueiro de plataformas industriais ,ITV, queixerías con DO, empresa do sector de transformación de lácteos, tanatorios e florerías, Gasolineira, cafetería- bar /restaurante, servizos xurídicos,

Neste espazo tamén se atopa : albergue, Cruz Vermella, Bombeiros, Centro Ocupacional (ver en Facebook)

https://poligonosetepontes.com/

Localización

Este polígono esta localizado estratexicamente nun enclavado da Zona Norte, comunicado por as autovías A6 por autovía co Norte e a meseta, co Sur de Galicia e Portugal e transcantábrica " A8" hasta Francia e a menos de unha hora e media de calquera punto de Galicia, Asturias, León ...........etc

https://www.google.com/maps/dir/43.5679512,-7.2594485/POLIGONOSETEPONTES/@43.4101636,-7.7342322,10z/data=!3m1!4b1!4m9!4m8!1m1!4e1!1m5!1m1!1s0xd31e42eb92f8097:0x6b2ca6b22cff9969!2m2!1d-7.662356!2d43.3079625

 

Accesos

  • A-8
  • Autovía A- 6 e a AG-64 Vilalba - Ferrol
  • Aceso ó polígono pola LU- 861 e pola N-634
  • Os principais portos Ferrol (64 km) e Coruña (86km) e tamén os aeroportos de Lavacolla e Alvedro.

Distancias

Por autovía:

  • Lugo: 51 km.
  • Ourense: 141 km.
  • Pontevedra: 186 km.
  • Vigo: 211 km.
  • A Coruña: 92 km.
  • Santiago de Compostela: 106 km.
  • Ferrol: 64 km.