InicioParroquiasXoibán (San Salvador)

Xoibán (San Salvador)

San Salvador Xoibán é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita o norte coa parroquia de Ladra, o suroeste co Concello de Begonte  e polo este, Concello de Cospeito. Dista aproximadamente 13 quilómetros da capital da Terra Chá.
En 2018 conta con 44 habitantes (20 mulleres e 14 homes), a súa poboación encóntrase distribuídos nos barrios de: Alamparte | O Alto | Bon Aire | O Cascallal | A Escoira | Fontefría | A Granda | A Igrexa | Lentille | O Muíño | As Pedriñas | O Pereiro

LUGARES DE INTERESE 

Para visitar Xoibán e o seu patrimonio cultural hai que saír do municipio vilalbés e, rumbo a Lugo, desprazarse ata a zona encravada entre os concellos de Begonte e Cospeito e o marco dos Catro Señores de Fontefría, punto que une a parroquia con Vilalba.

Ten dous castros un pequeno completo e un mais grande (onde está a Igrexa) con dúas murallas de terra que se conservan integramente no seu interior mide 1 hectárea exacta.
A igrexa parroquial, que ten no seu atrio un cruceiro construido no ano 1900. O capitel está decorado con cabezas de anxos alados e o fuste cos atributos da Paixón. Tamén están a Capela San Paio fundada en 1907 polo mesmo cura que fundou a igrexia parroquial.

A presenza palaciana na zona está representada coa presencia de varias Casas Grandes: a Casa de Montenegro que ten capela, a Casa de Rua tamén con capela, a Casa de Comba esta última sen capela.

FESTAS

San Salvador, no mes de agosto.

Inmaculada Concepción, no mes de nadal

San Paio, celebra a súa festa na capela que do mesmo nome o segundo domingo de xullo.

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.