InicioParroquiasVilapedre (San Mamede)

Vilapedre (San Mamede)

San Mamede de Vilapedre é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita polo norte co Concello de Muras, e as parroquias de San Simón e Lanzós.
En 2018 conta con 146 habitantes (70 mulleres e 76 homes).

Esta parroquia é a de máis superficie do Concello de Villalba con 3.730 hectáreas distribuídas nos  nos barrios de: Aciveiro | A Balsa Pequena | A Bouza | Bustofreán | Cal de Abelleira | O Carballal | A Carballeira | A Casanova | Castiñeiras | O Castro | Cernado | Condomiñas | Cornas | Corvelle | O Cristo | Cubas | Doade | O Escourido | A Fraga | Fraguas | A Garea | Gondulfe | O Igrexario | A Insua | Lavapés | Lombo do Cervo | Lombo do Río | Os Muíños | Orosa | O Padriñeiro | O Pazo | Porrás | O Porto Bañal | O Porto de Bois | Ramos | Rebordelo | Rebordiños | Sarela | Sulombo | Vigo.

É unha parroquia montañosa que chega a acadar de altitude os 900 metros. Os montes atópanse ao norte, na marxe esquerda do río Eume, que os separa de Muras. Posúe abundantes regatos, fontes (Fonte do cr e varios muíños (Muiño de Portobois, Muiño de Orosa, Muiño da Sarela)
Nela podemos visitar a súa antiga igrexa parroquial, en advocación a San Mamede, que data do século XVI. No seu interior alberga retablos dos séculos XVII e XVIII. O paseo pola zona pode rematar achegándose ás capelas de San Salvador e Santo Estevo na Balsa Pequena.

A escola, foi fundada no ano 1920 e restaurada recentemente para uso de local social.

 

FESTAS 

Os Milagres, 22-23 de maio.

Santo Estevo, 10 outubro

As datas son orientativas e poden sufrir modificacións.