Tardade

Santa María de Tardade é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita coas parroquias de Codesido, Santabaia, Distriz e polo oeste con Cazás do Concello de Xermade.
En 2018 conta con 57 habitantes (31 mulleres e 26 homes)

Esta parroquia ten unha superficie de 385 hectáreas distribuídas nos barrios de: Cal de Gaián | O Cal | A Capela | Cartín | A Corredoira | Cruz de Gracia | A Escrita | Fontao | A Igrexa | Lameirós | Lanzán | O Muíño | Padín | A Pena | Penela | O Pereiro | A Picha | O Pino | Portomedroso | Os Tineos | Xurbal

LUGARES DE INTERESE

A igrexia parroquial, arquitectura antiga que foi restaurada 1958.

O cruceiro de Xurbal, é outra mostra de arquitectura popular , construído no 1898, cunh acruz de tosca factura, está situado no atrio da igrexa.

O cruceiro de Lanzán, un dos máis decorados de Galicia. Realizado en granito no ano 1906, na súa base conta con varios releves entre os que destacan Santiago Matamouros e San Roque. O fuste, que porta os elementos da Paixón, ten ao seu pé unha figura do Ecce Homo. Xa no capitel, aparecen dúas imaxes franqueando a Cristo crucificado e na parte posterior móstrase o conxunto da Piedade.

A capela da Ascensión en Tardade.

A escola habanera, hoxe adicada a local social.

FESTAS 

Nosa Señora da Concepción, 15-16 de maio e 5 de decembro.

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.