InicioParroquiasSoaxe (Santa María de Soaxe)

Soaxe (Santa María de Soaxe)

Santa María de Soaxe é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo limita polo norte con Belesar e Alba e o sur compartindo parte da parroquia co Concello de Guitiriz. Dista aproximadamente 15 quilómetros da Capital da Terra Chá.
En 2018 conta con 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes).

Esta parroquia ten unha superficie de 560 hectáreas distribuídas nos barrios de: Os Campos | Casas de Abaixo | As Casas Novas | Gaián | A Igrexa | As Pallotas | A Pasaxe | Portas de Galás | Vimbieiro

LUGARES DE INTERESE

A parroquia de Soaxe foi creada no ano 1895 polo bispo de Mondoñedo con barrios procedentes da parroquia de San Pedro de Pígara e San Xoan de Alba mais duas casas da parroquia de Torre. Na actualidade parte da parroquia  de Soaxe pertence ao Concello de Guitiriz e parte o Concello de Vilalba.  Emprazada entre Pígara e Belesar, trátase dunha terra recollida e montañosa, dentro da suavidade das lombas da Terra Chá, e con poucos habitantes nos seus lugares das Casas Novas, Gaián e A Igrexia.

A igrexa parroquial, que rende culto á Santa María, foi construída en 1898 sobre unha primitiva capela, unha nave coa capela maior cuadrada e a sancristía detrás. No ano 1985 reformase no actual templo que está construído en tres corpos sucesivos de mamposteria e sillería granítica, de tipoloxía histórica o uso.

FESTAS 

Sagrada Famillia, no mes de febreiro

Os Milagres, no mes de maio

Nosa Señora das Angustias, no mes de setembro.

 

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación