Santabaia

San Pedro de Santabaia é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo limita coas parroquias de Lanzós, Mourence, Distriz, Tardade e Codesido. Dista aproximadamente de 6 quilómetros da Capital da Terra Chá.

 

En 2018 conta con 509 habitantes (278 mulleres e 231 homes), distribuídos nos barrios de: O Airado | O Apaxo | Areabranca | O Barreiro | Bordelle | O Cabo da Aldea | As Cabras | O Cadavello | Cancelo | Carballeira Moura | Carballido | Carballolongo | Carra- cido | O Carrizo | O Casal | A Casanova | Casela | A Caseta | O Castro | Cendoi | Cobreiro | Curbel | Feiranova | Folgueira | A Fonte da Bouza | Fontepisón | Fraga Moura | A Furada | Gunxar | Lu- garvello | Millares | O Outeiro de Bordelle | O Outeiro | A Parrugueira | O Penedo | A Pereira | Piñeiro | A Portacabana | O Regovello | A Ribeira | Santiago | Silva | A Templanza | Trastoi | Trufas | Tufiade | A Vesura | Vilanova | Vilasuso | Vilaxoán.

 

LUGARES DE INTERESE:

A igrexia parroquial, edificio de fachada en granito cun singulat reloxo solar, con retablo barroco, a pesar do que suxire o seu nome (Santa Baia), ten por patrón a San Pedro, xa que no pasado depositouse na igrexia parroquial unha talla deste santo procedente da veciña parroquia de Lanzós con motivo dun xuízo de profanación.

Ao carón deste templo atópase un cruceiro no que destaca a cruz, de grandes dimensións. Sinxelo cruceiro realizado en granito. Está formado por unha base monolítica troncopiramidal lisa e un fuste ochavado, coroado por un capitel troncopiramidal con molduras rectangulares, no que se asenta unha cruz florenzada tamén ochavada. A cruz acompáñase de dúas figuras, na súa parte frontal mostra unha imaxe de Xesús crucificado cunha coroada espiñas e sobre él a cartela, e na parte posterior unha imaxe feminina monolítica, sen ningún movemento; ambas son de forma robusta e desproporcionada, típicas destas produccións populares arcaizantes.

Xunto a ermida de Santiago de Bordelle atópamos outro cruceiro, realizado polos canteiros dos Carboeira, da parroquia de Román.

A escola habanera da Liga Santaballesa edificio contruído, a expensas dunha sociedade cívica constituída por veciños emigrados en Cuba, a principios do século pasado para albergar unha escola. Construción eminentemente popular, sólida e compacta inspirada nas casas de labranza, conta con algúns recursos plásticos que ennobrecen a fachada, especialmente na súa vía central, lixeiramente adiantada e coroada con elementos decorativos. No seu interior recréanse unha escola e outras estancias de principios do século pasado, e tamén se rende un recordo á emigración que deu lugar a este centro. Primeiro centro educativo mundial que establece a ensinanza en lingua e gramática galega.

Próximos a escola da Liga Santaballesa atópanse unha recreación dun pequeno poboado castrexo, con diversas construccións e utensilios  de uso diario na época, e a recreación dunha medoña, construída de tal maneira que se pode  visualizar o seu interior.

Pero se algo destaca en Santabaia son os vestixios arqueolóxicos ques e espabilan polo seu territorio, como o acubillo do paleolítico A Pena Grande, así como o menhir Pedra-Chantada.

 

Pedra Chantada, situado no medio dunha necrópole megalítica composta por máis de vinte mámoas, a súa función posiblemente estea vencellada a un culto nas encrucilladas e camiños polo que algúns autores considéranos os antergos máis lonxanos dos cruceiros. Dos poucos exemplo de menhires conservados en Galicia, este do Carrizo é o máis notable. Data da Idade da Pedra Puída. Atópase aproximadamente no centro dunha gran necrópole megalítica que se desenvolve ao longo dun antigo camiño. Habitualmente relaciónanse estes monolitos con culto ás encrucilladas, que os romanos aglutinaron baixo a adoración dos Lares Viais, sendo ambos antecesores dos cruceiros. A escaseza de menhires en Galicia hai que explicala  pola substitución das monolíticas formas primixenias por altares romanos, e destes, co cristianismo, por cruceiros. Situado ao pé dun Camiño Real, ten unha altura próxima aos tres metros.

 

Pena Grande é o más importante e monumental xacemento do Paleolítico de Galicia. Grupos de cazadores nómadas acamparon baixo esre potente afloramento rochoso de modo estacional, recoletores dos tempos da Cova de Altamira.

Dende o seu privilexiado asentamento, ben protexido das inclemencias do frío clima da época, controlaban as migracións das grandes mandas de animais que atravesaban o territorio; estes animais servíanlles de alimento, proporcionábanlles peles para abrigarse e ofrecíanlles hastas e ósos para facer puntas de lanza e agullas de coser.

 

Medoña do Estelo, é o maior túmulo dos que forman parte da necrópole de Pena Grande. Datado ao final da Idade da Pedra Puída, ten dous metros de altura e dezaoito metros de diámetro. Ao ser desposuído da súa lousa de cuberta, pódese observar unha cámara mortuoria poligonal, formada por cinco laxes de cuarcita e aberta cara ao levante. Está situada ao pé do Camiño Real.

 

Castro de Trastomil, ao pé da igrexia parroquial de San Pedro de Santaballa atópanse dous xacementos arqueolóxicos, hoxe a penas perceptibles en superficie, trátase dun castro e dunha vila. O primeiro é un asentamento fortifivado cuxa orixe remonta á Idade de Ferro, ainda que se seguiría habitando durante a Época Romana. O segundo, un pouco máis ao sur, trátase dun asentamento rural romano, unha especie de cortixo onde os nativos castrexos traballarían en condicións pouco vantaxosas para un roamno ou para un ativo colaboracionista cos invasores; neste asentamento coñecido como Vila de Trastemil descubríronse numerosas cerámicas de construción, así como algúns muiños e unha columna.

Situado no Rego de Bordelle existe un pequeno muíño. É unha construción tradicional executada en cachotaría concertada, de planta rectangular cun pequeno pórtico dianteiro, que está cuberto a dúas augas con laxes de cuarcita e pizarra, sustentadas nunha rústica armadura de madeira de tesoira sobre viga. No seu interior conserva a súa única moa así como outros mecanismos utilizados no proceso de elaboración de fariña.

 

FESTAS

San Pedro, 26 e 27 de xuño

Apóstol Santiago, 25 de xullo

Pascúa, 3 e 4 abril

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación