Sancovade

Santiago de Sancovade é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita coas parroquias de Mourence, Boizán, Noche, Oleiros, Rioveso, Goiriz e Vilalba.

En 2018 conta con 1295 habitantes (679 mulleres e 616 homes)

Esta parroquia ten unha superficie de 1057 hectáreas  distribuídas nos barrios de: Barbeitas | O Barral | A Casanova | Casavedra | O Castro | Chafarica | Chafarra | Cobreiro | O Cotarón | O Forno | A Frouseira | Guadalupe | Guntín | Malvecín | Muíños | Os Novos | Padronelo | Painceira | Paxán | Penas Corveiras | Ponte Escourido | Porto Barroso | Porto da Egua | Porto Segundo | O Ramallal | O Sisto | A Telleira | A Tolda | Valelle | Vilar de Igre- xa | Xoberte

LUGARES DE INTERESE

O Camiño Norte de Santiago na etapa 21º discorre pola parroquia de Sancovade ata a parroquia veciña de Mourence. Terra de labradíos e arborado, destacando os bidueiros nas ribeiras do río Fabilos, onde hai fermosos prados e veigas.

A igrexia parroquial, con advocación ao Apóstolo Santiago, e a capela da Nosa Señora de Guadalupe, virxe á que cariñosamente se lle coñece como "a estremeña".

Seguindo o paseo pola parroquia, podemos observar os vestixios da existencia dun castro no lugar da Frouxeira, que conserva no sur o dobre circuito defensico. Nesa mesma zona está a escola da frouxeira adicado a local social.

O Pazo de Penas-Corveiras, situado nunha suave ladeira  no lugar do mesmo nome, residencia antano do Conde Pallares e hogano propiedade privada non visitable.

A historia xenealóxica resúmese nos dous Escudos de Armas que están na fachada principal do edificio.

FESTAS

Santo Antón, 16 de xaneiro

Santiago Apóstolo, 25 de xullo

Guadalupe, 8 de setembro

 

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.