InicioParroquiasRioaveso (San Xurxo de Rioaveso)

Rioaveso (San Xurxo de Rioaveso)

San Xurxo de Rioaveso é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita coas parroquias de Oleiros, Sancovade, Goiriz e Román. Dista aproximadamente 7 quilómetros da capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 351 habitantes (180 mulleres e 171 homes)

Esta parroquia ten unha superficie de 907 hectáreas distribuídos nos barrios de: Barreiros | Cacheiros | As Campelas | A Carballeira | Carracelas | Casas de Arriba | As Costelas | A Fontevella | O Franco | Froxinde | A Grandela | O Margazal | O Pereiro | Quintá | A Regueira | As Torrentas | Trasfallón | Vilaester | Vilamartín.

LUGARES DE INTERESE

Na parroquia de Rioaveso, onde se sitúan restos dun altar adicado a Mercurio e de establecementos rurais da época romana. A  igrexa parroquial, en advocación a San Xurxo. Preto encontrase o ceminterio, de principios de século, dónde todos os panteóns se agrupan o redor dun muro, de estilo neogótico con pináculos labrados e rematados por unha cruz.

No lugar de Vilamartín, atopamos restos do pazo do mesmo nome. Trátase dunha casa construida polos Sanjurjo Montenegro, sendo o dono no ano 1688 Juan Anto- nio Pardo Montenegro. O edificio atópase nun recinto murado presidido polo escudo da liñaxe. Nesta parroquia existe unha canteira de granito no Monte da Escadabada e un xacemento de mica que foi explotado durante a Segunda Guerra Mundial.

FESTAS

San Xurxo, 24 e 25 de abril

As datas son orientativas e poden sufrir modificacións