InicioParroquiasNete (San Cosme de Nete)

Nete (San Cosme de Nete)

San Cosme de Nete é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita coas parroquias de Noche, Oleiros, Ladra e Torre. Dista aproximadamente 6 quilómetros da capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 216 habitantes (111 mulleres e 105 homes)

Esta parroquia ten unha superficie de 882 hectáreas distribuídas nos barrios de: A Bardoeira | A Bouza | As Brañas | Carpaceiras | Carral | O Caxigal | O Curro | Doade | Lagoela | Lamelas | O Loural | Lourixe | Lugar de Arriba | A Marela | A Parrocha de Abaixo | A Parrocha de Arriba | A Peteira | O Rañó | O Reboredo | Sisto | O Taraxal | Tornadoi- ros | O Trobo

LUGARES DE INTERESE:

Na parroquia de Nete, podemos visitar a Igrexa parroquial adicada ao culto de San Cosme. A igrexa data do século XVII e posúe unha planta en cruz latina así como un campanario de dobre vano, ao que se accede a través dunha escaleira de caracol polo interior da parede. No seu atrio atopamos un cruceiro no que destaca, na súa parte inferior, unha tosca figura de Cristo no episodio da flaxelación.

O paseo por Nete continúa achegándose ao castro que leva o nome da parroquia, situado no lugar de Castro. Emprazado nun outeiro, a fortificación contaba con tres murallas das que só se conserva a norte.

A parroquia ten no lugar da Legua Dereita,  unha zona onde se sitúan innumerables mámoas.

 

FESTAS

San Bieito, 10 e 11 abril

San Cosme, 25-26 de setembro

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.