InicioParroquiasLanzós (S. Salvador e S. Martiño)

Lanzós (S. Salvador e S. Martiño)

San Martiño e San Salvador de Lanzós son dúas parroquias do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo, que limitan coas parroquias de Vilapedre, San Simón, Samarugo, Goiriz, Santaballa, Mourence e Villalba. Dista aporximadamente 4 quilómetros da capital da Terra Chá.

No ano 2018, 525 habitantes (275  mulleres e 250 homes),

A parroquia  de San Martiño de Lanzó ten unha superficie de 3062 hectáreas encontrase distribuídas nos barrios de: O Adro | Bichicán | Biduído | Braínlle | Bustelo | As Cádevas | Caldas | Candorca | Carreiroa | Casa Lousada | O Cote- lo | O Coto | O Curadoiro | Escairo | Os Febreiros | Ferreira | Ferreiroa | A Fontevella | Ladrela | Os Lagos | Lamelas | Meixonfría | Moreda | Muruxás | A Pallota | Paraños | O Pazo | O Pedrouzo | A Pereira | O Polo | Ramil | Redondo | O Rego | A Revolta | O Ribado | O Sisto | Touriño | Vilagon- driz | Vilate.

A poboación de San Salvador de Lanzós encontrase distribuido nos barrios de: O Brañón | O Car- ballal | As Gateñas | Ichozas | A Igrexa Pequena | A Pereira

As veciñas parroquias de Lanzós, son diferenciadas por ter santo ao que se lle rende culto nas respectivas igrexas parroquiais: San Martiño e San Salvador.

No mesmo lugar do Adro érguese a Casa-Escola de Lanzós, edificio de planta rectangular de construción habanera rematado en 1921. Promovida pola sociedade “El Progreso de Lanzós”, foi construida a principios do século XX por iniciativa dos veciños da zona, emigrados a Cuba. A construción ten na súa torre un reloxo que lle confire gran vistosidade ao conxunto arquitectónico.

A ruta pola parroquia continuaría no castro de Lanzós, tamén denominado “castro do Adro”. O asentamento, situado nunha chaira irregular, ten un só muro defensivo, totalmente conservado, e unha fonte no medio.
Ate hai uns anos explotouse un xacemento de mineral de ferro a ceo aberto no barrio de Ferreira. Restos arqueolóxicos da idade de bronce. Tamén existen restos dun castro con valado de terra no Adro. No lugar do Pazo consérvase parte da vivenda de Afonso de Lanzós, xefe irmandiño.

O señorío de Lanzós, na Idade Media, tomou parte activa na revolta irmandiña. Aínda se canta un romance que recorda a participación dos de Lanzós na revolta.

Xa para rematar, na saída que leva a San Simón, atopámonos coa capela de San Andrés, de grande sona no lugar pola grande devoción dos veciños ao santo.