InicioParroquiasGondaísque

Gondaísque

Santa María de Gondaisque é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo, que limita coas parroquias de Distriz, Mourence, Boizán e Belesar. Dista 4 quilómetros da capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 56 habitantes (27 mulleres e 29 homes)

Esta parroquia ten unha superficie de 357 hectáreas dividida nos seguintes barrios de: O Alto | Bustelo | O Castro | Os Currás | O Espiño | Fontedor | A Igrexa | Ponte Trimaz | O Pumariño | O Xestal

LUGARES DE INTERESE

Cruzando o río Trimaz pola ponte do mesmo nome chégase á veciña parroquia de Gondaísque, onde visitar a igrexa parroquial que rende culto á Nosa Señora e, xa no seu atrio, un cruceiro elaborado en granito que, segundo unha inscrición na súa basa, data do 1898.

Continuando o percorrido pola zona, atópase o Castro de Gondaísque, tamén coñecido como “Castro Grande”, situado nunha chaira irregular. É un xacemento que consta dun recinto principal, de forma circular con varios fosos e parapetos, e de dobre muralla defensiva. Presenta asemade restos dun amplo antecastro e dunha vila romana ao seu carón (Vilar de Eimil).

FESTAS

Nosa Señora de Guadalupe, 10-12 de setembro

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación