Goiriz

Santiago de Goiriz, é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo, que limita coas parroquias de Lanzós, Samarugo, Corvelle, Carballido, Román, Rioaveso, Sancobade, e Vilalba. Dista 5 quilometros da capital

En 2018 conta con 640 habitantes (340 mulleres e 300 homes).

Esta parroquia ten unha extensión de 3325 hectáreas distribuídas nos barrios de: Aciveiro | O Areal | Balsa | Barbeitas | Bidueiros | As Bouzas | Broz | O Campo do Cristo | A Cancela | A Carballeira | O Carballo | O Carral | A Casanova | As Casas No- vas | A Casilla | O Castro | Caxigal | Cendán | Chozas | Currás | Fabás | O Fontao | Fontoira | Fra | Gocendre | Gomariz | Graduín | O Igfesrexario | Lagoela | Lamelas | Liñares | Lodeiro | Lousada | A Mámoa | Orbazán | O Outeiro | Pígara | Reboiros | Reguengo | Riba do Vilar | Santa Comba | San- to Adrao | Tarrío | As Touzas | As Toxeiras | Tronco | A Uceira | Ver.

Goiriz é a segunda parroquia mais extensa de Concello. Está dividida en cinco roldas cos seus correspondentes barrios, que se formaron para o aproveitamento comunal e mantemento das terras, muiños, regadios pastoreo, camiños comunais....etc, son as seguintes: Rolda de Trece, Rolda de Bidueiros, Rolda de Tarrío, Rolda de Medios Aneiros.

LUGARES DE INTERESE:

A Etapa 29º do Camiño Norte de Santiago transcurre pola parroquia de Goiriz , fácil e agradable etapa paralelo a estrada N634, percorrido que mostra a variada vexetación da Terra Chá.

A igrexa parroquial, que rende culto ao Apóstolo Santiago, templo levantado no século XVI e reformado no XVIII. Na igrexa parroquial unha inscrición alude ó dereito a refuxio ós perseguidos pola lei, antiga- mente, utilizouse como refuxio dos infractores da xustiza, que non podían ser detidos polas autoridades no seu interior, a pesares de que despois fosen obxecto de xuízo e cadea.

No seu interior atópase o retablo de factura barroca e ao pé dela, na veira da estrada N634, sitúase o seu afamado cemiterio neogótico,  con pináculos coroados de cruces clásicas, construído no século XVI polos canteiros da veciña parroquia de Román reformado no século XVIII.

Capela de Fátima situada no camiño de Santiago preto da igrexa parroquial, tamén do século XVI que diante da construción conta cun cruceiro que data de 1803.

Capela do Sant Adrao, está situada a 4 quilómetros do nucleo principal de Santiago de Goiriz, dirección a veciña parroquia Samarugo, esta construción é unha pequena capela do século XVI que conta cun pórtico frontal. Templo de gran devoción a San Adriano que celebra a súa festividade o último fin de semana de maio.

Capela de Santa Comba, está no barrio de Trece nun nucleo de casas mui antigas , un edificio pequeño fabricado en manpostería e cantería, de planta rectangular e de construcción mui sinxela.O nome de Comba deriva etimoloxicamente do latín Columba que a súa tradución é paloma.A pequena capela tivo vital importancia na vida dos lugareños, de feito existen documentos de Santa Comba de Goiriz por un pleito entre o cabildo da catedral de Mondoñedo e Antonío Valcarcel con Monino Gaioso sobre a reivindicación da ermida de Santa Comba na igrexa de Goiriz (ARG,sig 422/52 data 1549 a 1833)

Próximo a igrexa está a escola habanera, que se fundou no ano 1935 como centro educativo,promovida polos emigrantes cubanos e apoiada co esforzo (económico e laboral) da maior parte das familias do entorno. Hoxe en día local social.

O castro de Goiriz, situado no bairro de Castro, próximo á igrexa parroquial, é o máis extenso de todo o concello: 20.700 metros cadrados, ten tres defensas e ten boa visibilidade.

 

Festas

  • Nosa señora ; terceiro fin de semana do mes de marzo
  • Santa Comba; primeiro finde semana de maio
  • San Adriano; ultimo fin de semana de maio
  • San Antón; o fin de semana máis próximo ó 11 de Xunio
  • Santiago Apostol: patrón da parroquia celébrase a súa festa o 24 e 25 de Xullo

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificacións

Asociacións

  • Asociación cultural de veciños de Goiriz
  • Asociacion Cultural  Deportiva Goiriz
  • Asociación de cazadores de Goiriz
  • Asociación de Festas de Goiriz