InicioParroquiasDistriz (San Martiño de Distriz)

Distriz (San Martiño de Distriz)

San Martiño de Distriz é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo, que discurre a beira do río Trimaz, e limita coas parroquias de Tardade, Santabaia, Gondaisque e Belesar. Dista aproximadamente 6 quilómetros da Terra Chá.

En 2018 conta con 125 habitantes, 67 mulleres e 58 homes.

Esta parroquia ten unha superficie de 325 hectáreas que se divide nos seguintes barrios de: Airavella | Algara | Altamira | O Cedelo | O Cruceiro | Os Currás | A Fonte | A Fontechousa | O Foro | Gondeboi | A Igrexa | A Paiola | As Paredes | As Pedreiras | O Pendello | O Pereiro | A Pollosa | Portocelo | O Vilar do Seco.

Distriz é unha parroquia con terreos de labradío, prados e chousas, arbolados con soutos, abiduei- rais e carballeiras á beira do río Trimaz.
O río Trimaz é unha das cabeceiras do Ladra, ó que da nacemento ó xuntarse co río Madanela no lugar dos Pasos en Vilalba,

LUGARES DE  INTERESE

A igrexa parroquial  que rinde culto a San Martiño. O templo custodia unha cruz pocesional, un cáliz do século XVII e tallas do século XVIII. No seu atrio, que data  de 1889 aínda que foi reformado no 1923, atopamos un cruceiro asentado nunha plataforma de catro chanzos cuadrangulares.

O paseo por Distriz complétase coa visita no lugar de Fontechousa a outro cruceiro, de similares características ao sito no atrio da igrexa.

FESTAS

San Martiño, 5 de xuño.

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificacións.