InicioParroquiasSan Bartolomé de Corvelle

San Bartolomé de Corvelle

San Bartolomé de Corvelle é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que se atopa ao sur do Monte Monseivane, limita coas parroquias de San Simón da Costa, Samarugo, Goiriz e Carballido. Dista aproximadamente 11 quilómetros  da capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 259 habitantes, 127 mulleres e 132 homes.

Esta parroquia ten unha superficie de 2.000 hectáreas dividida nos seguintes barrios: Abelaira, Bouzas, Campelos, Cotillón, Fieitas, Forcón, Fornos, Fojo, Maciñeiro, Martiñán, Mouriz, Sar, Trastemil y Viladónega. Estes barrios exténdese a ámbalas marxes do río Támoga, tan vencellado á vila.

LUGARES DE INTERESE

O Camiño Norte de Santiago, ao seu  paso polo Concello de Villalba entra pola parroquia de Corvelle e atravesa a Pontevella de Martiñán, unha obra de enxeñería civil do século XVII que permite pasar á outra beira do río Batán. Conta con tres arcos desiguais e a súa calzada é o elemento diferenciador deste recurso arquitectónico, está limitada por un peitoril de granito en forma de chantos encaixados segundo a tradición dos vellos canteiros da comarca, o que a converte nunha obra única, difícil de atopar noutros lugares de Galicia, o seu carón contamos cun merendeiro con apetitosas sombras que invita o peregrino a tomar un descanso.

O seu templo parroquial, en advocación a San Bartolomeu, a súa construción data de finais do século XIX, estilo arquitectónico similar á de Santa María de Villalba, e conta cun extenso  e rico igrexario e unha boa casa reitoral. A maioría dos panteóns do cemiterio  foron construídos polos canteiros de Román.

A Casa Escola, construída no ano 1930 cos donativos dos nosos emigrantes en Cuba para os "Hijos de Corvelle y más socios", según data a sús inscripción na fachada. Na actualidade é utilizada como local social da Asociación de veciños.

A Fervenza da Lavandeira encóntrase no rego de Corvelle, e da nome a este lugar. Este rego atravesa a parroquia de norte a sur, neste traxecto contabilizaronse ata 15 muíños documentados que a día de hoxe quedan poucos conservados.

Tamén existen mámoas no barrio do Cotillón e nas Breas. Subindo a parte mais alta da parroquia, no monte chamado Licencia do Toxo, pódese desfrutar dunhas espectaculares vistas da Terra Chá.

FESTAS 

San Xosé, 19 de marzo.

San Bartolomé, festa do Patrón, que se celebra a terceira semana do mes de agosto.

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.