InicioParroquiasCodesido (San Martiño de Codesido)

Codesido (San Martiño de Codesido)

San Martiño de Codesido é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita con Santabaia, Tardade. e Concello de Xermade. Dista 9 quilómetros da capital da Terra Chá.

 

En 2018 conta con 254 habitantes, 129 mulleres e 125 homes.

Esta parroquia ten unha superficie de 967 hectáreas dividido nos seguintes barrios de: A Baiuca | Brañamoura | Buxibán | O Caldeirón | A Cancela | O Canteiro | Cascamaño | O Cordal | O Coutado | O Croio | Cutrimol | Ferreira | Ferreira de Suso | A Fonte Vella | Gradaílle | A Horta | A Lamela | O Monte | O Moullón | Murazó | O Outeiro | Pardiscos | Penatomé | A Raiola | Rebordelo | Refingoi | O Rego Traveso | A Retorta | A Ribeira | A Seara | A Torre | Trascastro | Os Vales | A Xunqueira.

LUGARES DE INTERESE

O Adro de Codesido aséntase sobre un Castro da Idade de Ferro, de forma circular, estrutura simple composta por un único parapeto defensivo e un manantial no seu interior, conta cun único recinto e unha liña defensiva.

A igrexa parroquial data do século XVII, reformada no século XVIII, conta cun pórtico exento e un cemiterio con panteóns neogóticos de finais do XIX que mostran un curioso epígrafe no dintel de acceso, tamén no seu interior conserva unha lápida onde se reflexa a iconografía dos cruceiros dos Carboeira.  No atrio deste templo atopamos un cruceiro con data de 1882, que xunto co dos Remedios, tamén de finais do século XIX, conforman as mostras de arquitectura popular da zona.

O paseo pola parroquia pode rematar achegándonos á Torre de Codesido, pazo sito no lugar da Torre que reflicte a maxestuosidade das construcións dos antigos señores da terra. Está declarada como BIC (ben de interese cultural) pola Xunta de Galicia, polo que goza dunha proteción especial.

Outro dos principais atractivos turísticos de esta parroquia é a Charca do Alligal. Esta piscina de augas termais con gran fama na zona, encontrase en plena natureza, entre bosques de abidueiras.

A primeira piscina que data do ano 1930, construida en pedra e tiña dimensións máis reducidas que as actuais. Actualmente é unha balsa circular duns 30 metros de diámetro.

FESTAS

Santo Antón: 12 de xuño

Virxe dos Remedios: 11 de setembro

San MARTIÑO o patrón é o no mes de novembro.

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificacións