InicioParroquiasBoizán (Santiago de Boizán)

Boizán (Santiago de Boizán)

Santiago de Boizan é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo, limita con Gondaisque, Mourence, Noche, Sancobade, Alba e Belesar. Dista aproximadamente 5 quilómetro da capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 151 habitantes, 79 mulleres e 72 homes.

Esta parroquia ten unha superficie de 660 hectáreas divididas nos barrios de: O Camiño, O Castro, O Coto, O Covo, Gabín, Grumar, Lamaná, O Marco, A Palloza, Ponte Rodríguez, Portovixil, Regovide, Sabugueiros, A Seara, Valboeira, Vixil.

LUGARES DE INTERESE

A zona coñecida polo alto de Vixil ofrece unhas fermosas vistas da vila de Vilalba, no que se situaba o castro do mesmo nome, de época prerromana e cun só muro defensivo.

Próximo ao castro e a igrexa parroquial está a capela das Neves que rinde culto ao Apostol Santiago.

A igrexa parroquial conserva restos románicos e un pórtico lateral. Destacan os canecillos xeométricos no tejaroz, así como un pórtico cuberto pola parte sur da nave e un campanario con dous vanos no frente con restos do século XIV.

A carón da igrexa atópase o cemiterio de fabulosos panteons neogóticos da promeira metade do século XX e un cruceiro moi antigo que data de 1765.

FESTAS

Santo Antón o 30 de xaneiro

Santiago Apostolo (Festas Patronal) o 25 de xullo

As Neves: no barrio de Vixil 7 e 8 de agosto

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación