InicioParroquiasÁrbol (San Lourenzo de Árbol)

Árbol (San Lourenzo de Árbol)

San Lourenzo de Árbol é a parroquia máis oriental do municipio de Vilalba na provincia de Lugo, limita ao norte coa parroquia de Carballido e ao oeste coa parroquia de Román, e polo este e sur está rodeada polo Concello de Cospeito. Dista 14 quilómetros da capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 466 habitantes (244 mulleres e 222 homes).

Esta parroquia, ten unha superficie de 1442 hectáreas dividida nos barrios de: O Barreiro, Carregal de Abaixo, Carregal de Arriba, Os Castros, Caxigueira, O Couto, Os Currás, Embendo, Espiñarido, Espiñeiro, Fieitosa, O Fondal, Fondomar, Fontela, A Fraga Alta, Gardado, Gomenlle, A Lama, Lamas, A Lamela, O Monte do Couto, Morcelle, Moscarán, As Paredes, Pegos, Picoi, Ramonde, Rañal, Regovide, O Santo, Ximarás.

LUGARES DE INTERESE:

No lugar de Espiñarido sitúase o Adro de Arbol. A igrexa parroquial de San Lourenzo de Árbol é un templo de planta rectangular construida no século XVIII, que sufriu reformas posteriores.

A fachada é barroca, con porta alintelada, ósculo central e espadana de dous picos.

O Santo Patrón, San Lourenzo, acubíllase na igrexa parroquial, e situada no lugar de Espiñarido.

Destaca tamén o seu cemiterio, con panteóns neogóticos, típicos da comarca chairega, e o cruceiro, con cruz de grandes dimensións coa figura da Virxe Inmaculada.

No lugar do Santo , segundo nucleo poboccional desta parroquia, atópse a ermida de Santo Estevo, non se establece data exacta da súa fundación ainda que é posible afirmar que pertence a 1614.

Orixinariamente emprazouse un escudo de armas con unha estrela desuaida no medio do arco na parte superior da porta da fachada oeste con un letreiro que pon “Esta hermita es de patronazgo del glorioso apóstol Santiago, patrón d elas Españas y su apóstolica yglesia

Para contemplar outra mostra da arquitectura popular, terémonos que desplazar ao lugar de Bereda, onde se atopa o cruceiro que leva o seu nome, realizado en granito e coa figura de Cristo no anverso

FESTAS:

Santo Estevo, 5 - 6 de xuño

San Lourenzo, 7- 8 de agosto

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación