InicioNovasMellora das infraestructuras e do equipamento da escola infantil municipal de Vilalba

Mellora das infraestructuras e do equipamento da escola infantil municipal de Vilalba

O Concello de Vilalba foi beneficiario dunha subvención por importe de 21.262,07€ ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2018 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020).
A concesión desta axuda vai destinada á instalación de pavimento no parque exterior da escola infantil , equipamento do centro, e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.