Empleo

Cursos de Formación Ocupacional, Asesoramento para o Autoemprego, Asesoramento a Empresas e Empresarios Autónomos, Programas de emprego no Concello, Programas en cooperación coa Consellería de Asunto Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Plan Labora.

Este departamento adícase fundamentalmente a tarefas relacionadas co emprego e co desenvolvemento local, a través de accións de asesoramento, información, formación, e formulación de proxectos, así como todas as actuacións que impulsen o desenvolvemento económico e a creación de emprego no municipio. Todo iso co obxectivo de mellorar as condicións de vida no Concello.

CURSOS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL

  • Detección de necesidades formativas.
  • Programación e execución de cursos de formación ocupacional.
  • Programación e execución de accións formativas complementarias específicas para colectivos profesionais.

En anos anteriores programáronse os seguintes cursos:

  • Auxiliar de axuda a domicilio.
  • Mantedor reparador de fontanería e calefacción.
  • Aplicacións informáticas de xestión.
  • Horticultor (550 horas).
  • Auxiliar de axuda a domicilio (445 horas).
  • Instalador de sistemas fotovoltaicos e eólicos (330 horas).

ASESORAMENTO PARA O AUTOEMPREGO

  • Asesoramento sobre subvencións e axudas para crear a propia empresa
  • Tipos de empresa. Formas xurídicas.
  • Trámites necesarios para montar unha empresa.
  • Plans de empresa.
  • Promoción de iniciativas locais de emprego e iniciativas de emprego rural.

Neste apartado podemos dicir que se leva asesorado a moitos emprendedores da zona que montaron diversos negocios, destacando os do sector terciario (comercio e hostalería). Tamén destacan 3 empresas promovidas como iniciativas locais de emprego:

  • AXUDA A DOMICILIO TERRA CHÁ, SL, empresa adicada á prestación de servizos de axuda a domicilio.
  • XARDINERÍA TERRA CHÁ, SL, empresa adicada á prestación de servizos de xardinería.
  • RECICLAJES VILALBESA, SL, empresa adicada á servizos de recollida de papel, cartón e plástico.ASESORAMENTO A EMPRESAS E EMPRESARIOS AUTÓNOMOS
    • Asesoramento sobre subvencións e axudas económicas axeitadas a cada empresa, en función do sector de actividade.
    • Axudas á contratación de traballadores.
      • Axudas á contratación do primeiro traballador indefinido.
      • Axudas á contratación de colectivos desfavorecidos.
      • Axudas á contratación a través de plans de estabilidade no emprego.
    • Estudos socioeconómicos sobre o territorio. Ténse feito un estudo socioeconómico con data de 2001.

    PROGRAMAS DE EMPREGO NO CONCELLO. PROGRAMAS EN COOPERACIÓN COA CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

    Os programas de cooperación son programas públicos de emprego concibidos como unha medida do seu fomento, a través da cal os traballadores desempregados adquiren experiencia profesional, mellorando así a súa empregabilidade. Tamén a través destes poderase contratar servizos públicos con empresas cualificadas como iniciativas de emprego, con centros especiais de emprego ou con empresas de economía social.

    O Concello de Vilalba no ano 2003, a través dos programas de Cooperación contratou os seguintes traballadores desempregados:
    – 12 traballadores para o GMIR, que son os encargados de prestar o servizo de Protección Civil
    – 1 palista.
    – 1 oficial de segunda albanel.
    – Unha empresa de xardinería con 3 traballadores que procedían dunha Escola Obradoiro e constituíronse como empresa de economía social, e foi cualificada como Iniciativa Local de Emprego.

    PROGRAMAS DE EMPREGO EN COLABORACIÓN CON ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO. PROGRAMAS EN COOPERACIÓN COA CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS (Asociación de Criadores de Capón de Vilalba).

    – Neste caso o Concello colabora coa Asociación de Criadores de Capón de Vilalba, facendo a solicitude e xestións para a contratación dun veterinario para traballar en tarefas relacionadas coa produción de capón de Vilalba.

    PLAN LABORA

    O Plan Labora é un programa público que ten como obxectivo dotar de experiencia á xuventude a través da súa contratación durante un período de 12 meses.
    Os requisitos para poder participar neste programa son:

    • Menor de 30 anos.
    • Inscritos como demandantes de emprego cunha antigüidade mínima de 4 meses no servizo público de emprego (4 meses como parado/a).
    • Que o menor non teña experiencia laboral de 180 días ou máis nos últimos 3 anos

    O Concello de Vilalba a través deste programa contratou recentemente a 17 traballadores desempregados para OBRAS e SERVIZOS, que son os seguintes:

    • OBRAS:- Acondicionamento e mantemento de puntos vinculados paseo fluvial, e os espazos verdes do Concello, así como as rutas de sendeirismo existentes: 4 persoas.
    • SERVIZOS:- Servizos de apoio para o Centro Ocupacional de Diminuídos Psíquicos: 1 coidadora de diminuidos (mestra).
      – Servizo para a confección dun traballo sobre microtoponimia do Concello de Vilalba, dentro dun proxecto a nivel de comarca: 1 técnico en microtoponimia (1 licenciado en Humanidades).
      – Servizos técnicos e administrativos (Servizos técnicos e administrativos): 1 licenciada en Administración e Dirección de Empresas e 2 administrativas de apoio para o Concello
      – Servizos de ocio (animación turística, sociocultural, deportiva, auxiliar de biblioteca, e albergue de peregrinos, auxiliar de biblioteca): 1 animadora turística (educadora social), 1 animadora sociocultural (educadora social), 2 monitores deportivos e actividades extraescolares (1 mestra, e 1 licenciado en Bioloxía Ambiental), 2 auxiliares administrativos para o albergue de peregrinos, 1 auxiliar para o conservatorio de música (BUP), 1 administrativa para auxiliar de biblioteca.

    ESCOLAS OBRADOIRO E OBRADOIROS DE EMPREGOEscolas Obradoiro:

    Son programas públicos de emprego-formación. A súa fin é a inserción no mercado de traballo de mozos/as desempregados/as, menores de 25 anos, mediante a súa cualificación e adquisición de experiencia profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública ou interese social.O desenvolvemento destes programas articúlase en dúas etapas:
    – A primeira de carácter formativo ou de iniciación (duración de 6 meses)
    – A segunda de formación, alternando cun traballo produtivo ou de práctica profesional no que os alumnos-traballadores estean contratados e perciban un salario (duración dun ano).

    No Concello de Vilalba existirón dúas Escolas Obradoiro ó longo destes últimos anos, programas dos que se beneficiaron máis de 120 mozos formados en distintas especialidades e que conseguirón a súa inserción laboral máis do 80% deles ó término dos proxectos.

    Neste momento está en funcionamento un Obradoiro de Emprego coas especialidades formativas de albanelería, carpinteria, cantería, e xardineria-medioambiente, cun total de 45 alumnos-traballadores.

    Obradoiros de emprego:

    Son programas públicos de emprego e formación dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación do colectivo de desempregados de vintecinco ou máis anos, especialmente daqueles grupos con especiais dificultades de inserción laboral a través de accións de formación en alternancia coa práctica profesional mediante o desempeño dun traballo real e productivo. (duración dun ano).
    Os requisitos dos participantes nun Obradoiro de Emprego son:
    Ter vintecinco ou máis anos e estar desempregado e inscrito na Oficina de Emprego.
    As obras que se están acometendo son:

    • Rehabilitación de varios cruceiros do Concello.
    • Rehabilitación da ponte de Saa na parroquia de Insua.
    • Acondicionamento de tres rúas no casco antiguo de Vilalba.
    • Remate das obras de construcción do Centro de Diminuídos de Vilalba.
    • Acondicionamento e mantemento da área recreativa do Muiño do Rañego, e do Paseo fluvial do río Madalena.

    PROGRAMAS EUROPEOS. LEADER +.

    Información sobre a iniciativa comunitaria LEADER +, a cal está funcionando na comarca Terra Chá, e ó abeiro desta iniciativa pódense solicitar axudas para diversos proxectos de empresa relacionados con actividades innovadoras e ligadas ó entorno rural.

Instalacións

INSTALACIÓNS PARA FORMACIÓN OCUPACIONAL:

  • Aulas para impartir as clases teóricas: 2º e 3º andar da casa do concello.
  • Aulas para impartir as clases prácticas: baixos da casa do Concello.

INSTALACIÓNS PARA AS ESCOLAS OBRADOIRO, E OBRADOIROS DE EMPREGO.

– Nave dos Freires s/n.

INSTALACIÓN PARA O ASESORAMENTO
-Primeiro andar da casa do Concello, na cal está instalado o técnico local de emprego.

Responsable do Servizo

Sandra Vázquez Domínguez
Concelleira de Emprego

Enderezo

Concello de Vilalba
Formación e Emprego
Praza da Constitución, 1
VILALBA (Lugo)

Teléfono

Técnico local de emprego:
982-510305

Concello de Vilalba
982-510305

Fax

982-511815