Yo, Quevedo

Publicado: Martes 8 Abril 2014
Area: Cultura Eventos

‘Yo, Quevedo’, é o novo espectáculo de Moncho Borrajo. A trama comeza nun centro de rehabilitación de artistas “descarreirados”. Estes acoden a el porque se vive estupendamente, sen gastos, sen iva, con TV, con visitas, etc.. O único requisito é estar tolo ou “parecelo”. Logrará Moncho Borrajo meterse na pel de Quevedo?, pasará desapercibido entre a enfermeira xefe? Deixarano dicir todo o que pensa sobre a Monarquía, os políticos e a Escataloxía?

As respostas o 10 de maio ás 20.30 h no auditorio Carme Estévez, porque necesitamos rir  ata da nosa sombra e á sombra dos nosos clásicos.  Non o podes perder!! O prezo da entrada é de 12 euros anticipada e 14€ en taquilla.

Xa están a venda na casa da cultura, podendo recollelas alí no seu horario habitual.