XVI Edición da Mostra de Teatro de Vilalba

Publicado: Martes 10 Febreiro 2015
Area: Cultura Eventos

Comeza a XVI Edición da Mostra de Teatro de Vilalba celebrándose os sábados 21 e 28 de febreiro, e 7 de marzo.

Todas as obras celebraranse  no seu marco habitual, no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba ás 20.30h, as obras son gratuítas e son aptas para tódolos públicos.

Sábado, 21 de febreiro: DO PILDARO  A CUBANA. Escola Municipal de Teatro da Pontenova.

Sábado, 28 de febreiro: COMETA, COMETA. Escola Municipal de Teatro de Vilalba.

Sábado, 7 de marzo: ALMACÉNS  NOVA  CHAIRA. Escola Municipal de Teatro de Castro de Rei.