Xornadas e obradoiros de Xuventude nos Concellos

Publicado: Xoves 3 Novembro 2011
Area: Cultura

Dentro do programa de “Xornadas e obradoiros  de Xuventude nos Concellos” que puxo en marcha a dirección xeral de xuventude e voluntariado, os cursos que nos foron concedidos son:

  •  Programa de xuventude en acción: intercambio e iniciativas xuvenís, a realizar o martes  08/11/2011 no salón de actos da Biblioteca ás 17.00h.
  • Recursos da Xunta de Galicia en materia de xuventude, a realizar 15/11/2011 no salón de actos da Biblioteca ás 17.00h.

Os obradoiros están dirixidos a mozos e mozas menores de 30 anos, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas , e en xeral a calquera tipo de colectivo interesado en materia de xuventude. A duración dos cursos é de dúas horas.

Aqueles que estén interesados en asistir tan só teñen que apuntarse na oficina de cultura do concello,  de 09.00h a 15.00h e poden facelo tamén por teléfono 982 510 305 (departamento de cultura).

Para máis información dos cursos, prema:

OBRADOIRO SOBRE INTERCAMBIOS XUVENIS

RECURSOS DA XUNTA DE GALICIA EN MATERIA DE XUVENTUDE