XIX Festa do Queixo de San Simón da Costa

Publicado: Sábado 6 Abril 2013
Area: Cultura Eventos

O vindeiro 6 e 7 de abril celebraráse na Praza da Constitución de Vilalba a 19ª Festa do queixo de San Simón da Costa.

O sábado 6 de Abril, os actos da xornada comezarán na Praza da Constitución, coa apertura ao público do recinto feiral a partir das 11.00 horas, que permitirá aos asistentes gozar coa diversidade de produtos artesanais e gastronómicos da zona.

 

Pola tarde, a partir das 17.30 horas non faltarán os pasacalles a cargo de grupos folclóricos.

 

Ás 19.00 horas procederase á entrega de premios do III Concurso de Carteis e o   VI Concurso de Tapas, con sorteo de regalos da Ruta do Tapeo, e deseguido será a quenda para a lectura do pregón a cargo de D. Leandro Seixas, escultor.

 

 

Domingo día 7, ás 10.00 horas, apertura do recinto feiral na Praza da Constitución. A partir das 11.00 horas, os pasacalles percorrerán as rúas do municipio.

 

Para consultar o programa prema: PROGRAMA

Máis información sobre o Queixo de San Simón da Costa en: www.sansimondacosta.com