XIV Edición da Mostra de Teatro de Vilalba

Publicado: Martes 23 Outubro 2012
Area: Cultura Eventos

Da comezo a “XIV Edición da Mostra de Teatro de Vilalba” celebrándose todos os venres dende o 26 de outubro ata o 9 de novembro inclusive.

Todas as obras celebraranse  no seu marco habitual, no Auditorio Municipal “Carmen Estévez” de Vilalba ás 20.30h, as obras son gratuítas e son aptas para tódolos públicos, a excepción de “A proba” que é para adultos. 

·         Venres 26 de outubro a Escola Municipal de Teatro de Bretoña, representa “A proba” de Manuel Lourenzo.  Só Para adultos.
·         Venres 2 de novembro a  Escola de Teatro Municipal de Castro de Rei, representa  “Falamos de cartos”, escrita e dirixida por Iria Acevedo.
·          Venres 9 de novembro a  Escola de Teatro Municipal de Vilalba, representa “O enfermo Imaxinario” de Molière.

 

Para consultar as obras que se van a representar, clique en Programa