XII edición da Mostra de Teatro de Vilalba

Publicado: Venres 22 Outubro 2010
Area: Cultura Eventos

Da comezo a “XII edición da Mostra de Teatro de Vilalba” celebrándose estes dous últimos fins de semana do mes de outubro.

Todas as obras celebraranse  no seu marco habitual, no Auditorio Municipal “Carmen Estévez” de Vilalba ás 20.30h, as obras son aptas para tódolos públicos e gratuítas.

Para consultar as obras que se van a representar, clique en Programa

Para comezar, esta fin de semana podemos ver:
·         Venres 22 a representación dun “Soño dunha noite de verán”,de W. Shakespeare, a cargo da Escola Municipal de Teatro,
·         Sábado 23 a compañía  Metátese Teatro, de Palas de Rei, representando a peza: “Fábrica de soños” de creación propia
·          Domingo 24 coa compañía Nova Escena, de Lugo teremos a obra “O Inspector” de creación propia.

Para rematar, esta fin de semana a “XII edición da Mostra de Teatro de Vilalba” tráenos as obras:

  • O tren dos tres merliños”, peza infantil de creación propia  pola compañía Achádego Teatro, de Lugo, o venres 29.
  • E “Ao son dos novos”peza de creación propia  pola compañía Teatro A Pombiña, Pedroso (Narón) o Domingo 31

A obra que se ía celebrar o sábado 30 quedou cancelada.