Xacarandaina

Publicado: Sábado 10 Marzo 2012
Area: Cultura Eventos

 O sábado 10 de marzo o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina presenta o seu novo espectáculo “Galicien Amerika linie”, que estrea dentro do programa “Danza 3” en convenio ca Agadic. Esta gala conta con corenta artistas en escena. Este novo espectáculo Xacarandaina pretende achegar ao público ese fenómeno importantísimo da nosa historia contemporánea máis recente: a emigración.

Espectáculo no que se mesturará a propia actuación do Grupo cos seus bailes, danzas, músicas, vestiarios e posta en escena con deseño de luz, deseño espazo sonoro e audiovisual, mesturando así o arte tradicional cas novas tecnoloxías, facendo de “Galicien Amerika linie” algo novidoso e único dentro do abano dos espectáculos feitos Galicia.

Actuación que terá lugar o sábado 10 de marzo, ás 20.30h no Auditorio Carmen Estévez con entrada de balde.