Vilalba en Movemento 2014

Publicado: Venres 16 Maio 2014
Area: Cultura Eventos

Vilalba en Movemento 2014 xa está en marcha.

O  sábado 24 de maio recibiremos a preto de 400 bailaríns con idades a partir dos 2  anos que viaxan dende Santiago, Lalín, A Estrada, Teo, A Ramallosa,…. A sesión estará dividida en dúas partes por falta de aforo. Ás 18:00 h dará comezo o turno dos máis pequenos, bailaríns de 2 a 11 anos e o segundo turno dará comezo  a partir das 19:00 h con bailaríns de 12 anos en diante. Cada grupo representará  unha coreografía que terá unha duración máxima de 3 minutos polo que pasarán  polo escenario máis de 20 coreografías.

O aforo será limitado tendo preferencia os familiares dos representantes.