Vilalba en Movemento

Publicado: Luns 21 Maio 2012
Area: Cultura Eventos

Exhibición de danza, na que  participarán máis de 400 nenos e nenas de 2 a 20 anos de diferentes partes de Galicia (Vilalba, Santiago, A Estrada, Teo, A Ramallosa, Vila de Cruces, Lalín,…)..

A actuación durará pouco máis dunha hora e as coreografías serán executadas por orden de idade ( dos máis pequeños aos máis maiores).

O sábado 26 de maio ás 20.00h no auditorio Carmen Estévez, con entrada de balde.