VIII Exposición Tal Como Eramos

Publicado: Xoves 25 Agosto 2016
Area: Cultura Eventos

cartaz IESCHawebjpgO Instituto de Estudios Chairegos “Pena do Encanto” (Iescha) inaugura o póximo venres, día 26 de agosto, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, a mostra fotográfica baixo a denominación xenérica “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, que chega á súa VIII edición. Esta mostra está integrada pola reprodución de 234 fotografías procedentes da fototeca do IESCHA, e que é posible grazas ás aportacións de moitos veciños e veciñas de Vilalba e comarca.

Estas fotos son de temática variada (Antroido, Deportes, Celebracións, Actos Relixiosos, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos, etc.) e a maioría delas corresponden á 1a metade do pasado século XX.

Tal como eramos VIII poderá ser contemplada entre o 26 de agosto e o 23 de setembro de 2016 na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, sendo a súa inauguración o venres, 26 de agosto, ás 20,30 horas.

Posteriormente, todas estas fotos, xunto coas da exposición de Guitiriz, incluiranse no apartado correspondente do Caderno de Estudos Chairegos no 8, que se editará a finais do presente ano.

Esta exposición vai dedicadaEsta exposición vai dedicada expresamente á memoria do escritor vilalbés e socio de honra do Iescha, Agustín Fernández Paz, recentemente falecido. Por elo, entre as fotos que conforman a Exposición, haberá un panel especial na súa lembranza.

Oragniza : IESCHA

Colabora: Concello de Vilalba.