VIII CARREIRA POPULAR DAS LETRAS GALEGAS 2017

Publicado: Martes 2 Maio 2017
Area: Deportes

16 de maio a partir das 11:00 h.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas adicadas este ano a Carlos Casares, e fusionando de novo a Cultura co Deporte, o Concello de Vilalba organiza unha nova edición da Carreira Popular das mesmas, recuperando o espírito inicial desta proba dirixida aos escolares nados entre o 2001 e 2011, pero mantendo o espazo no que se celebrou estes últimos anos, a Praza da Constitución. A inscrición, gratuita, está aberta ata o 14 de maio. Máis información e inscricións nas seguintes ligazóns:

INSCRICIÓNS: https://goo.gl/APKXMX

REGULAMENTO 2017