VI CONCURSO DE TAPAS DE QUEIXO DE SAN SIMÓN

Publicado: Xoves 21 Marzo 2013
Area: Cultura Eventos

 VI Concurso de Tapas con queixo San Simón da Costa, desde o 21  ata o 31 de Marzo (ambos inclusive). Como parte do programa da Festa do queixo San Simón da Costa; que terá lugar os días 6 e 7 de Abril, 43 establecementos da localidade ofrecerán as súas tapas co queixo como protagonista dentro de dúas categorías diferenciadas: Creativa e Tradicional.

Prezos: 1€/tapa tradicional e 2,50€/tapa creativa.

                                         Participa e gaña!

Degusta a túa tapa e solicítalle ao camareiro a túa tarxeta para poder participar, e  que sele o recadro do seu establecemento, o mínimo son 10 establecementos.

O sorteo será o sábado 6 de abril de 2013 na Praza da Constitución ás 18.00h (antes do pregón da XVIII Festa do Queixo de San Simón).

Para consultar a Ruta do tapeo Ruta