Verán Activo 2017

Publicado: Venres 30 Xuño 2017
Area: Cultura Deportes

Ponse en marcha o programa “Verán Activo” para este ano 2017, programa que ofrece actividades culturais e deportivas para toda a familia durante os meses de xullo e agosto.

Todas as actividades terán lugar na Área Recreativa da Maladena, e no caso de condicións climatolóxicas adversas pasarán ao auditorio e pavillón, respectivamente.

As actividades culturais levaranse acabo os sábados e sempre no mesmo horario ás 18:00h, son gratuítas e non requiren inscrición, comenzando o sábado 8 de xullo co contacontos “Lume” de teatro Babaluva.

As actividades deportivas propostas son: Tai Chi Qi Gong, defensa persoal e volei-praia, e con prazas limitadas son piragüismo (20 prazas) e patinaxe (27 prazas).

O prazo de inscrición nas actividades deportivas dirixidas é do 3 ao 13 de xullo, cun prezo único de 10€ por actividade e alumno/a, e con data de inicio do 17 de xullo ao 17 de agosto.

Torneo de volei-praia será o 18 de agosto, con inscrición ata o 16 de agosto e gratuíta.

Premede nas seguintes ligazóns para descargar a solicitude xeral e o formulario de inscrición nas actividades:

SOLICITUDE_XERAL_2017

formularios_verano_activo_17