VERÁN ACTIVO 16

Publicado: Luns 18 Xullo 2016
Area: Cultura

Hoxe luns 18 de de xullo as CARTELES VERÁN ACTIVO DEFINITIVOS13 h presentouse na Casa da Cultura o programa “Verán Activo”, o cal consta de varias partes ben diferenciadas, pero íntimamente relacionadas, e que se celebrarán todas na Área Recreativa da Madalena:

Actividades deportivas para todas as idades a celebrar de luns a xoves, cunha pequena taxa e con prazas limitadas: piragüismo, patinaxe, tai chi qi gong e zumba.

5 fins de semana lúdico culturais infantiles: con actuacións, xogos tradicionais e talleres para o público familiar

Torneo de volei-praia a celebrar o último fin de semana entre o 18 e 0 20 de agosto.

O prazo de inscrición nas actividades deportivas dirixidas e no torneo estará aberto dende o 18 ata o 26 de xullo, mentres que os fins de semana lúdico culturais infantiles no requiren inscrición ao ser actividades de balde. Na seguinte ligazón pódese descargar o díptico de inscrición no cal atoparedes máis información: diptico_verano_16