VALADOS

Publicado: Sábado 7 Maio 2011
Area: Cultura Eventos

Artestudio  teatro presenta “Valados” de Agustín Fernández Paz, no auditorio Carmen Estévez o sábado 7 de maio ás 20.30h con entrada de balde.

 

SINOPSE

Esta conto narra a a historia de Helena e Xoel, amigos inseparables, e a súa vila, na que semella que un vento estraño varre a alegría e a troca por odio, xenreira e medo. Entre as familias da vila érguese distinguindo en dous barrios un valado que os separa. Pero Xoel e Helena son máis fortes que a desdicha e o odio que crece no absurdo que os rodéa. Ambos alimentan a súa casi quebrada amizade creando conexións e artimañas de comunicación e cariño a través do muro que os separa, facendo visibles un montón de metáforas máxicas sobre a amizade.

É unha mensaxe ó mundo, para que tódalas persoas volvan a crer en si mismos, para volver a escoitar o noso interior, utilizar a inmensa capacidade e o poder da nosa mente e do noso corazón para poder derrubar os muros que nos rodean. É por iso que queremos a través da música, a máis grande das artes, a danza, a máis efémera, o teatro a máis directa, mandar esta mensaxe de reflexión ó noso interior.