Una Noche con Gabino

Publicado: Sábado 5 Marzo 2011
Area: Cultura Eventos

En clave de humor e mirando  a xente aos ollos, Gabino paséanos da man de innumerables personaxes, algúns moi coñecidos polo público, que forman parte desa fauna humana que o influenciou  o longo da súa vida… personaxes que aborda cunha ductilidade e unha tenrura que sorprende e rouba gargalladas unha e outra vez…

“Una noche con Gabino” é un espectáculo feito para pasar un rato agradable na compañía dun actor que chega directa e sinceramente a todo tipo de público entre risos, música, cancións, soños e realidades coas que dalgunha u outra maneira sentirémonos identificados…

Actuación que terá lugar o sábado 5 de marzo ás 20.30h no auditorio Carmen Estévez.

As entradas podense adquirir xa, de luns a venres na oficina de cultura do concello de 9.00h a 15.00h , e no auditorio de 17.00ha 21.00h, tendo estas un prezo único de 7€.