Toni Bright. Volver a Creer.

Publicado: Martes 31 Xaneiro 2017
Area: Cultura Eventos

Despois de percorrer toda España, por fin chega ao Auditorio Carmen Estévez, a tarde máis máxica, sorprendente e fascinante do ano. Toni Bright, un dos mellores e máis afamados magos da mente en España. Trae o seu novo espectáculo:Volver a creer. ¡Deixarate coa boca aberta!

Falar de Toni Bright é falar dun mago da mente (mentalista) capaz de sorprenderte e facerte gozar de cada unha das súas actuacións, deixandote abraiado ao velo dobrar culleres ou garfos, mover obxectos co poder da mente, revelar peculiaridades sobre a xente usando só a linguaxe non verbal, as habilidades sociais ou usando incluso a telepatía.

Toni Bright é colaborador habitual de varias cadeas de televisión, radios e diferentes medios de comunicación. “Volver a creer” é un espectáculo diferente, fascinante. Comprobarás de primeira man que o poder da mente pode chegar a ser verdadeiramente incrible.

¡Non o podes perder!
Entradas anticipadas xa á venda na Casa da Cultura, cun prezo de 10€,  e ese mesmo día 12 de febreiro, día da actuación, só estarán á venda en taquilla a un prezo de 12€.

Data: Domingo 12 de febreiro

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 18:00h

Entrada anticipada (do 1 ao 11 de febreiro) na Casa da Cultura : 10€

Entrada taquilla no Auditorio (12 de febreiro): 12€