Todo me fala de ti.

Publicado: Luns 30 Maio 2016
Area: Cultura Eventos

todomefaladetiOs recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha nun concerto pensado para nenos e nenas de máis de 5 anos e para as súas familias.

‘Todo me fala de ti’ ofrécenos, pois, temas bonitos e doados de aprender que se desfrutarán durante o concerto e que, con seguridade, se seguirán cantando na casa para que o galego estea presente no espazo familiar unha vez rematada a actividade.

Baixo xestión de Urdime, o espectáculo de dinamización lingüística baseado no proxecto editado por Galaxia chega  a Vilalba  o sábado 18 de xuño ás 18.00h no auditorio Carmen Estévez, con entrada de balde.


Espectáculo que pertence ao programa FalaRedes 2016 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e en virtude da adhesión do Concello de Vilalba a Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.