Titerehop

Publicado: Luns 16 Abril 2012
Area: Cultura Eventos

“Titerehop”, actividade que pertence ó programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e en virtude da adhesión do Concello de Vilalba a Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.

Actividade dirixida aos adolescentes de 13 a 17 anos, centrada no uso da lingua galega, neste caso do hip-hop. Terá lugar no auditorio Carmen Estévez ás 18.00h o domingo 22 de abril. Actividade que será de balde para todos aqueles rapaces interesados en asistir. Para participar na actividade deben inscribirse na biblioteca, na 1ª planta. Número de prazas, 50. Prazo de incripción ata o venres 20.

Por unha banda os títeres. Pola outra, o hip-hop. A fusión de dous mundos tan diferentes dá como resultado unha actividade desenvolvida por García MC e Viravolta títeres na que os adolescentes comprenderán que non é necesario cambiar de lingua para facer música considerada moderna. O primeiro dos obradoiros forma os mozos na creación de rimas e de letras para as cancións. O segundo, na construcción dun monicreque cantor. Cos coñecementos adquiridos, só queda poñer en valor as dotes artísticas dos participantes cunha demostración dos títeres cantantes de hip-hop. Todas as interpretacións, acompañadas dunha base musical, colgaranse na web www.titerehop.wordpress.com

     

Quen dixo que o galego non valía para todo?