The Pinker Tones. Los viajes de Rolf y Flor.

Publicado: Venres 28 Abril 2017
Area: Cultura Eventos

The Pinker Tones, o dúo español recoñecido internacionalmente polos seus traballos de música electrónica,chega a Vilalba o vindeiro domingo 7 de maio ás 18:00h no auditorio Carmen Estévez.

The Pinker Tones, segue inmerso na creación dunha serie de espectáculos para público familiar, de sonoridade máis acústica, sen perder o seu particular estilo alternativo que lles fixo gañar o favor da crítica e do público.

Concerto para todos os públicos, recomendado a partir de 3 anos.

Domingo 7 de maio

Lugar: Auditorio carmen Estévez

Hora: 18:00h

Entrada: anticipada 6€- Taquilla 8€.

Venda de entradas en ataquilla.com e na casa da cultura.

As entradas xa están a venda na Casa da Cultura no seu horario habitual, de luns a venres de 11h a 13h e de 17:30h a 21:00h. E sábados de 11h a 13h.