Teatro para bebés. “4 Tempos”.

Publicado: Luns 14 Novembro 2016
Area: Cultura Eventos

4tempos_cartelEspectáculo musical e máxico, onde multitude de personaxes, acompañan a protagonista para dar vida A CATRO TEMPOS.

A peza teatral “4 TEMPOS” emprega entre outras cousas, banda sonora orixinal, títeres manuais, robotizados, xogos de luces, etc. 4 TEMPOS ten como obxectivo estimular os cinco sentidos nos nenos máis pequenos, ademais de chamar a súa atención e entretelos. Poderán descubrir os efectos das catro estacións, a neve, as frores, as follas, o sol, a choiva, o mundo submarino e outro tipo de sorpresas que nos achegarán as distintas estacións do ano dunha forma lúdica e estimulante.

Este espectáculo está dirixido para bebés, realizaranse dous pases de 30 minutos cada un deles, un ás 17:00h para bebes de 0 a 3 anos, e outro ás 18:00h para nenos de 4 a 6 anos, os nenos estarán acompañados dun adulto.

 

Data: Domingo 27 de Novembro

Lugar: Auditorio Carmen Estévez.

Hora: 17:00h para bebés de 0 a 3 anos

Hora: 18:00h para nenos de 4 a 6 anos

Entrada de balde.

 

Actuación teatral do Circuito Profesional de Teatro da Provincia de Lugo.