Teatro. “Ninette”

Publicado: Luns 17 Abril 2017
Area: Cultura Eventos

O sábado 22 de abril a asociación “Cajón de Satre” da Coruña, presenta no auditorio Carmen Estévez a comedia “Ninette” de Miguel Mihura.

Sinopse.
Andrés, galego de nacemento, acaba de chegar a París en busca de novas oportunidades. Gracias ao seu amigo Armando, rápidamente se aloxa na casa dunha familia coñecida do seu amigo. Pronto descubrirá a Ninette, a filla, que, sen darse conta, envolveráo nunha espiral de problemas que parece non ter fin.
Lugar: Auditorio Carmen Estévez
Día: Sábado 22 de abril
Hora: 20:30h.
Entrada: gratuíta.
Non recomendada a menores de 12 anos.