Teatro “Mal de Moitos”

Publicado: Martes 17 Xuño 2014
Area: Eventos

O vindeiro venres 20 de xuño ás 21.00h os grupos xuvenis da escola de teatro municipal de Vilalba representan “Mal de moitos…”, con entrada de balde.

“Mal de moitos…” é un espectáculo composto por breves historias que teñen un nexo común: a adolescencia. Os protagonistas son mozas e mozos que falan sobre as inquietudes propias do seu tempo, como a amizade, o amor, os medios de comunicación, o medio ambiente, a apariencia física ou as dificultades de encaixar no entorno.

Estas pezas breves están escritas por varios autores como Colectivo El Glayu, Carlos Castrillón Doce e Cristina Mariño, algunhas delas a partires de traballos realizados polos propios alumnos e alumnas nas clases de teatro.